ORIENTACIÓN LABORAL 
A través deste módulo tres definimos conceitos como: Intermediación laboral; Itinerarios de inserción; Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións. Ademáis perfilamos a función do orientador laboral, a súa labor céntrase nos seguintes pontos:
- Análise de perfís profesionais e prospección de emprego;
 - Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego;
 - Elaboración do plan de empresa.
 
INTERMEDIACIÓN LABORAL
Na intermediación laboral temos que ter en conta tanto a heteroxeneidade do colectivo de desempregados, como o contexto sociocultural da búsqueda de emprego. O orientador adaptarase ao usuari@ para facilitarlle as ferramentas para a búsqueda autónoma de emprego/autoemprego.
Nunha intervención hai catro elementos: entrevista; sistema facilitador de inserción; estratexia e o itinerario de inserción.
O orientador pode:
- Realizar unha atención individualizada onde indaga:
 
- Se o usuari@ ten obxectivos profesionais definidos, se ten algún tipo de planificación;
 - Sobre a motivación do candidato: crenzas, expectativas, actitudes ante o emprego;
 - Acerca da información profesional (directorios, cursos...) que está a manexar;
 - Explora sobre as habilidades, actividades que realiza o candidat@ de cara a encontrar un traballo.
 
- Esta atención individualizada tamén pode ir acompañada por accións grupais:
 
- Talleres de recursos persoais. Exemplos: Habilidades sociais e comunicación; Competencias; Toma de decisións o resolución de problemas; Control de ansiedade; Motivación.
 - Talleres de busca de emprego. Exemplos: Busca de emprego a través de internet; Ferramentas para a busca de emprego; Vías de acceso ao emprego; Entrevistas de selección; Técnicas de busca de emprego.
 
- Sociais: estereotipos; prexuízos; prácticas discriminatorias; minusvaloración social.
 - Dificultades da persoa: falta de formación/experiencia; habilidades sociais; carencia de hábitos laborais; baixa autoestima; descoñecemento do mercado de traballo.
 
O orientador fai dúas tareas:
- Itinerario personalizado de inserción laboral;
 - Prospección de empresas.
 
- Diagnóstico personalizado.
 
- Recoller información sobre as características persoais (traxectoria laboral; currículo; situación social) como sobre as actitudes/aptitudes (hábitos de búsqueda de emprego; habilidades para o emprego e a actitude cara o emprego/formación).
 - Fixar o obxectivo laboral/persoal. Favorecer que o usuari@ tome decisións unha vez feito o seu análisis DAFO ou FODA (Fortalezas; Oportunidades; Debilidades e Ameazas.)
 
- Intervención orientadora
 
- Avaliación continua
 
Na prospección de empresas o orientador:
- Obten información do tecido productivo do territorio;
 - Detecta necesidades de emprego;
 - Da a coñecer os recursos/actividades de emprego;
 - Realiza programas/proxectos e actuacións;
 - Crea sinerxias entre as empresas;
 - Capta empresas colaboradoras;
 - Ofrece asesoramento sobre programas, subvencións...
 - Consegue unha mellora cualitativa na incorporación de traballadores/as;
 - Favorece a incorporación laboral de colectivos vulnerables;
 - Busca alianzas para o deseño de itinerarios;
 - É dicir, estimula a participación do tecido productivo do territorio nos programas/proxectos dirixidos á promoción/mellora do emprego.
 
- Preparatoria. Nesta fase delimítase o perfil do candidato e os ámbitos de actuación.
 - Planificación. Identifícanse as empresas obxecto de prospección e as variables que dan resposta ao obxectivo da investigación.
 - Fase de traballo de campo. Toma de contacto coa empresa para que coñezan o obxecto da prospección e concretar a primeira visita. Preparar e desenvolver as visitas empresariais.
 - Avaliación/seguimento. Mellorar o coñecemento da realidade empresarial. Recoller datos que nos permitan realizar unha análise e estudo global da situación, satisfacer necesidades de cada unha das empresas. Seguimento de actuacións / avaliación continua.
 
En suma a todo o dito anteriormente, a través do orientador coseguese un cambio tanto nas melloras das competencias/autoconcepto/autoestima do usuari@ como se logra adaptarse a una contorna laboral en constante cambio. É imprescindible que o orientador sinta paisón polo seu traballo, estea motivado e sexa flexible e empático, para poder conseguir todas estas tarefas. 

No hay comentarios:
Publicar un comentario