martes, 30 de septiembre de 2014

Integrate2.0: Tagxedo Souto André

Integrate2.0: Tagxedo Souto André: Infoxificada y encantada. Así está el mundo en el que vivimos. Infoxificado. Esa es nuestra realidad. Llena de información por doquier y es...

domingo, 28 de septiembre de 2014

Traballo grupal 1. Plan de Emprego Sostible.

PLAN DE EMPREGO SOSTIBLE


  1. Xustificación da proposta
A inserción das persoas paradas de longa duración no mercado laboral no Concello de Caldas de Reis, supón un avance importante para a Comarca. Nembargantes, son significativas e manifestas as diferenzas respecto ao ámbito formativo, e póñense de manifesto nos diferentes sectores da ocupación laboral.


Asemade, non podemos esquecer que a formación constitúe o principal instrumento para acadar a plena incorporación laboral, e non soamentes a educación regrada, senón tamén o coñecemento das novas tecnoloxías.


É por todo isto, polo que se precisa a posta en marcha de actuacións enfocadas a mellora da formación, fomentando a aprendizaxe permanente e ao acceso a medidas activas do mercado de traballo para as persoas paradas de longa duración, no que se desenvolvan programas axeitados ás novas oportunidades de emprego, e que se deseñen itinerarios formativos axeitados ás características do colectivo.


Dende este Plan de Emprego Sostible para o Concello de Caldas de Reis, é necesario adoptar unha serie de actuacións en materia de formación e emprego que faciliten a incorporación das persoas paradas de longa duración aó mercado laboral, potenciando a elección de oficios e profesións sostibles na comarca adapatadas ao seu contexto e posibilitando que poidan acceder a unha formación axeitada ás súas necesidades.


Este Plan de Emprego Sostible, xustificarase a raíz da Orde do 23 de decembro de 2013, pola que se establecen as reguladoras das axudas e subencións para os Obradoiros de Emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia.


  1. Datos do Concello
As dificultades para atopar traballo que ten a poboación galega que máis tempo leva anotada nas listas do Servizo Público de Emprego, non desapareceron, como amosa que das 40.978 persoas paradas menos rexistradas en Galicia entre febreiro e xullo -seis meses seguidos de descenso do desemprego na comunidade- soamentes 1.776 correspondían ao grupo de persoas paradas que levan máis de dous anos buscando ocupación.
Eses longos periodos sen ter un posto de traballo son os que provocan que as persoas desempregadas de longa duración esgoten as súas prestacións e subsidios e moitas delas se atopen con serias dificultades económicas. Pese a que as cifras do paro en Galicia son semellantes ás de outubro de 2011, as persoas sen ocupación que xa non cobran ningún tipo de axuda do Servizo Público de Emprego (SEPE) aumentaron en 26.000 nestos casi tres anos. Das 130.195 persoas galegas que sí perciben algún tipo de axuda por carecer de traballo (frente as 146.395 persoas de outubro de 2011), 57.886 persoas cobran o paro (a prestación contributiva), 59.460 o subsidio por desemprego de 426 euros ao mes e 12.849 a Renta Activa de Inserción (RAI), tamén dotada con 426 euros. Pola contra, as persoas beneficiarias da prestación contributiva cobran en Galicia unha media de 768,7 euros ao mes.
Por provincias, Pontevedra é a que conta con máis inscritos que carecen de cobertura por desemprego, con 49.586 das 101.298 totales, o que significa que o 49% das persoas paradas pontevedresas xa non cobra nin a prestación contributiva nin o subsidio nin a RAI. En outubro de 2011 atopábanse nesta situación 38.230 persoas desempregadas da provincia, o 39% do total, o que supón un aumento do 30%, con 11.356 persoas paradas de longa duración que carecen de ingresos económicos pola súa situación laboral.
A Coruña é a segunda provincia galega con máis persoas sen protección do Ministerio de Emprego, cun total de 48.065, 9.504 máis que en outubro de 2011, o que supón un aumento do 25% en menos de tres anos. A proporción de persoas paradas coruñesas sen ningún tipo de subsidio acadou en xuño deste ano o 49%.
Lugo, por outra banda, lidera xunto a Pontevedra o aumento porcentual das persoas desempregadas sen axudas económicas dependentes do SEPE, cun repunte do 30% dende outubro de 2011. Por aquela 8.548 persoas lucensas nesa situación, cifra que superou en xuño as 11.100, con 2.583 máis. A proporción de persoas paradas que non cobran subsidios subiu do 36% ao 45%.
No caso de Ourense o repunte das persoas profesionais anotadas no antigo INEM que carecen de prestación foi de 2.925 persoas, un 28%, ao pasar das 10.408 registradas fai case tres años ás 13.333 de fai dous meses. Agora o 48% das persoas desempregadas ourensás non cobran ningún subsidio, mentras que en outubro de 2011 a porcentaxe rozaba o 40%.
Feita esta breve contextualización sobre as provincias que constituen a nosa comunidade autónoma, imos a expór os datos sobre a poboación escollida, neste caso, Caldas de Reis.  Atópase situado ao suroeste de Galicia, concretamente, no noroeste da Provincia de Pontevedra, á que administrativamente pertence, e está composta por nove parroquias: Santa Mariña de Carracedo, San Clemente de César, San Andrés de César, San Estebo de Saiar, Santa María de Bemíl, Santiago de Godos, Santa Mariña de Arcos da Condesa, Santa María e Santo Tomás. En referencia aos límites, linda ao norte con Valga e Catoira, ao sur con Portas, ao leste con Moraña e Cuntis e ao Oeste con Vilagarcía de Arousa e intégrase na mancomunidade Ulla-Umia, que está formada polos concellos de Catoira, Pontecesures, Valga, Cuntis, Moraña e Portas.


Segundo o Instituto Galego de Estatística, Caldas de Reis conta con 10.019 habitantes empadroados, dos cales 4.846 son homes e 5.173 son mulleres. Do total da poboación, é importante engadir que son 6.561 as persoas que se atopan en idade de traballar (16-65 anos) que, disgregado por sexo, son 3.301 homes e 3.260 mulleres.


Tendo en conta que non contamos cunha taxa global do ano 2014, exporemos a relación de datos sobre o ano anterior para poder ter unha referencia sobre a globalidade do desemprego neste concello nun ano completo.


En relación ao datos referentes ao desemprego da poboación do Concello de Caldas de Reis do ano 2013, extraídos do Instituto Galego de Estatística, foron un total de 1.328 persoas as que estiveron nunha situación de desemprego durante ese ano, o que supón o 13.25% da poboación total. Disgregado o número de persoas desempregadas por sexo, hai máis homes que mulleres en situación de desemprego, sendo 706 os homes e 622 as mulleres.
No referente ao ano 2014, os datos dende xaneiro ata agosto son os seguintes:
  • Xaneiro: 1309, dos cales, 684 son homes e 625 mulleres
  • Febreiro: 1.314, dos cales 698 son homes e 616 mulleres
  • Marzo: 1279, dos cales 662 son homes e 617 mulleres
  • Abril: 1207, dos cales 618 son homes e 589 mulleres
  • Maio: 1193, dos cales 622 son homes e 571 mulleres.
  • Xuño: 1.150, dos cales 598 son homes e 552 mulleres.
  • Xullo:1136, dos cales 581 son homes e 555 mulleres.
  • Agosto: 1.102, dos cales 542 son homes e 560 mulleres.


Pode observarse que neste último período houbo un descenso do paro tanto en homes como en mulleres, o que seguramente se deba ao aumento de ofertas de emprego no sector servizos na época estival.


En canto aos datos que obtemos durante o ano 2013 por sector de actividade, é no sector servizos onde maior cantidade de persoas desempregadas hai, cun total de 601 persoas e, disgregadas por sexo, son 398 as mulleres e 203 os homes;  no sector da construción atopamos a 292 persoas, sendo maior o número de homes que de mulleres, 273 homes e 20 mulleres; no sector da agricultura congréganse un total de 49 persoas, 33 homes e 15 mulleres; en industria hai un total de 267 persoas, sendo 163 os homes e 104 as mulleres e, finalmente, sen emprego anterior, hai un total de 119 homes, sendo 34 os homes e 85 as mulleres.


Como pode verse, son o sector da construción máis o de servizos os que congregan o 67, 24 % da poboación parada no ano 2013.
No 2014, os datos por sector en agosto, último mes do que obtemos datos, son :
-   Agricultura: 58 parados, sendo 40 homes e 18 mulleres.
-   Industria: 192 parados, sendo 108 homes e 8 mulleres.
-   Construción:  194 parados, sendo 176 os homes e 18 mulleres.
-   Servizos: 552 parados, cun total de 184 homes e 368 mulleres.


Neste ano, como no anterior, son o sector da construción e máis servizos os que congregan a gran maioría da poboación parada, sendo un total de 67,69 % da poboación.


Seguindo cos datos do Instituto Galego de Estatística, obsérvase que o grupo de idade no que se concentra maior número de persoas en paro no ano 2013 e no de 30 a 34 anos no caso dos homes e de 35 a 39 anos, no caso das mulleres.  Síguelle o grupo de 40 a 44 anos e de 30 a 34 anos. Neste ano, no 2014, é no grupo de 35 a 39 anos onde máis xente se acumula, tanto homes como mulleres, habendo un aumento de vinte persoas en relación ao ano anterior.


Por tanto, o grupo con maiores dificultades de inserción no mercado laboral, en termos absolutos, é o de mulleres e homes de máis de 30 anos.


En resumen as características do desemprego en Caldas de Reis son:


  • O tramo de idade máis afectado polo desemprego é o de maiores de 30 anos tanto en homes como en mulleres.
  • Por actividade o desemprego afecta fundamentalmente ás mulleres no sector servizos, e os homes no sector da construción..
  • A industria afecta por igual a homes e mulleres, habendo unha diferenza de 50 persoas de media, sendo máis os homes.
  • As persoas sen emprego anterior que figuran como demandantes de emprego son maioritariamente mulleres.
A vista dos datos do desemprego faise necesario incidir máis que nunca naqueles colectivos máis necesitados. En primeiro lugar estaría o grupo de persoas situadas en tramos de idade de maiores de 30 anos.


  1. Especialidades das Escolas Obradoiro
En consecuencia co contexto comarcal e basándonos nas necesidades da comarca estableceranse dúas Escolas Obradoiro de carácter mixto:


  • Agricultura Ecolóxica
  • Carpintería. Mobles.


  1. Obxectivos
  • Favorecer a formación das persoas paradas de longa duración co fin de facilitar a súa incorporación e continuidade no mercado laboral e mellorar as súas oportunidades de emprego.
  • Impulsar e apoiar as iniciativas empresariais e de autoemprego promovidas polas persoas usuarias do Plan de Emprego.
  • Promover a inserción laboral das persoas paradas de longa duración do Concello de Caldas de Reis a través do establecemento de distintos dispositivos deseñados para a incorporación ao mercado laboral.
  • Dinamizar o principio de Igualdade de Oportunidades no proceso de capacitación e formación de persoas maiores, así como no acceso a este.
  • Sensibilización e dinamización da cidadanía de Caldas das medidas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar existentes.
  • Creación de novos servizos e recursos sociocomunitarios e impulso e mellora dos xa existentes, que posibiliten a compatibilización da vida persoal, laboral e familiar para que as persoas participantes podan rematar o Plan de Emprego.
  • Potenciar a sensibilización da supensión das barreiras arquitectónicas do Concello que facilite a incorporación laboral.


  1. Propostas de acción.
  • Posta en marcha e continuidade sostible de obradoiros prelaborais no que capacitar as persoas paradas de longa duración das habilidades necesarias para a busca activa de emprego
  • Facilitar o acceso á formación das persoas usuarias con risco de exclusión social, adecuando a oferta ás súas necesidades.
  • Facilitar o acceso á formación nas novas tecnoloxías, como resposta ás novas demandas da sociedade e do mercado laboral.
  • Potenciar a formación ocupacional e complementaria, en sectores que se presenten como facilitadores da inserción laboral no concello de Caldas e alredores.
  • Facilitar a formación práctica en empresas ordinarias da Comarca.
  • Informar e prestar asesoramento sobre os dereitos e obrigas derivados das súas relacións laborais, así como o relativo a outras temáticas propias da súa relación coa empresa.
  • Informar sobre os servizos e recursos existentes en materia de apoio as persoas emprendedoras.
  • Informar e orientar sobre as axudas existentes das distintas administracións públicas en materia de autoemprego.
  • Posta en marcha e continuidade de servizos de inserción socio-laboral dirixidos as persoas paradas de longa duración con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral.
  • Establecemento de visitas ás empresas con motivo de coñecer as posibles ofertas laborais e de informar das vantaxes e incentivos á contratación de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos, e dos incentivos para o autoemprego.
  • Deseño en colaboración cos centros educativos de actividades de sensibiliazción e dinamización que fomenten a corresponsabilidades de tódalas persoas de unidade convencional nas tarefas domésticas
  • Deseño en colaboración cos centros educativos dun calendario escolar para a compatibilización e conciliación da vida persoal, laboral e familiar da cidadanía do Concello de Caldas de Reis.
  • Deseño e execución de programas que permitar adiantar o horario de entradas nos centros educativos, ao comezo das xornadas escolares, ofrecendo alternativas de almorzo no centros.
  • Deseño e exución de servizos de atención domiciliaria dirixido a unidades familiares con especiais dificultades.
  • Fomentar servizos dirixidos a persoas dependentes (servizo de axuda no fogar, acompañamento de persoas con efermidades crónicas, teleasistencia, etc.)
  • Eliminar a presenza de trabas de acceso aos transportes públicos e de barreiras arquitectónicas no deseño urbanístico e dos edificios de uso público, atrancos que impiden o dificultan a libre circulación e persoas con mobilidade reducida ou daquelas encargadas da realización de certa tarefas.


INTÉGRATE 2.0



ACCIÓNS
Donde e Como?

Explicación
Actividade 1:
Reunión en..


Actividade 2:


Actividade 3:



Actividade 4:



Actividade 5:



Actividade 6:





  1. Metodoloxía
Fundamentaremos a metodoloxía seguindo as boas prácticas, seguindo estratexias que consigan situar as persoas usuarias do Plan de Emprego no centro da toma das súas decisións. Involucrandoas  e facendo pleno uso das mesmas.


Os criterios metodolóxicos tentan ser sinxelos e prágmáticos, para acadar a funcionalidade e o aprendizaxe significativo sempre dendo a crítica constructiva para acadar o cambio que constrúa a igualdade e a isonomía no ámbito laboral e profesional.


Utilizaremos o mainstreaning de xénero ao longo de todo o proceso de realización do Plan de Emprego para a mellora, deesenvolvemento e avaliación o Plan, de xeito que a perspectiva de xénero se incorpore a todas e cada unha das fases e etapas.


  1. Temporalización
O plan terá unha duración de 6 meses. Onde a distribución terá unha parte teórica e práctica que se establecerá segundo as necesidades detectadas na primeira avaliación inicial das persoas convocadas para a realización do mesmo.


  1. Axentes implicados
O persoal formador será seleccionado por unha comisión segundo establece a Orde mencionada anteriormente: Duas persoas do Concello e duas persoas da Xunta de Galicia (dirección, titoría, profesorado e persoal auxiliar administrativo).


INTÉGRATE 2.0



FUNCIÓNS
Unidades

Explicación/Perfil
Coordinación xeral
6 meses
7 horas/día

Oficial técnico/a 1
3 meses
(aproximadamente)
7 horas/día
contratación específica para a implantación do proxecto.
Oficial técnico/a 2
3 meses
(aproximadamente)
7 horas/día
contratación específica para a implantación do proxecto.
Asistente técnico/a
3 meses
(aproximadamente)
7 horas/día
contratación específica para a implantación do proxecto.


  1. Localización do Obradoiro
Realizarase nos locais e espazos habilitados para tal fin polo Concello de Caldas de Reis.


  1. Avaliación
Para a medición da implantación do Plan de Emprego Sostible para o Concello de Caldas de Reis é necesario levar a cabo un seguimento e avaliación de cada unha das actuacións realizadas, atendendo tanto a avaliación cuantitativa e como a unha avaliación cualitativa.


Con este fin elaboraremos unha serie de instrumentos que permitan obter datos cuantitativos, tendo en conta no seu deseño, a participación tanto das persoas destinatarias coma do persoal encargado da súa planificación e execución.


Os obxectivos e accións recollidos no Plan de Emprego Sostible do  Concello de Caldas de Reis, requiren dun seguimento para determinar a efectividade no sociedade desta comarca.


Así, determínanse como obxectivos desta avaliación os seguintes:


  • Determinar os puntos fortes e débiles dos recursos e servizos dispoñibles, co fin de mellorar a súa calidade
  • Detectar novas necesidades co fin de articular os instrumentos necesarios para satisfacelas
  • Definir plans estratéxicos de actuacións en función dos resultados acadados.


A avaliación deste Plan de Emprego Sostible polo tanto, ten carácter continuo e alongo prazo, xa que os obxectivos para acadar sostenibilidade planificarase en dúas fases, a primeira comprendida no Obradoiro de Emprego descrito e a segunda iría encamiñada aos cursos AFD (Acción Formativas para persoas Desempregadas) encamiñados a Creación de empresas.


Polo tanto contemplaremos as seguintes fases avaliativas:


Avaliación Inicial; Valorar a idoneidade dos obxectivos, contidos e da temporalización segundo as persoas usuarias seleccionadas.


Avaliación continua: Farase de cada unha das actividades co fin de introducir as correccións e rectificacións precisas e/ou necesarias no suposto de que o resultado acadado non fose o desexado e implantación daqueles que pola súa validez preséntense coma un xeito correcto de actuación.


Avaliación final: Realizarase ao remate da execución do Plan de Emprego Sostible unha avaliación final que permitirá coñecer tanto os resultados obtidos como o grao de execución das actuacións previstas e o seu impacto na sociedade de Caldas de Reis.


  1. Bibliografía
  • Plan de Igualdade do Concello de Abegondo, Concello de Abegondo, (2005).
  • Mainstreaming de Género, Marco conceptual, metodología y presentación de “buenas prácticas”. Instituto de la Mujer, Madrid, (1999).
  • Guía de buenas práctica en género, Fundación Comarcal Valdeorras, (2008).
  • Orden do 23 de decembro de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2014.


Autoría do Plan de Emprego Sostible para o Concello de Caldas de Reis:


Bua Devesa, Jeannina
Cendán Vérez, Mercedes
Prado Bermúdez, Mª José
Souto André, Vanesa
Trincado Álvarez, Xosé Luis