Actualmente xa non sirve iso de enviar un CV
para todo. Desde fai uns anos as tendencias en selección de persoal e recrutamento
deron un xiro de 360 graos, e o percibimos a diario nas ofertas de emprego que
vemos.
A selección dos candidatos por parte da
empresa xa non se basea só na formación
e na experiencia que poida aportar un candidato, senón que buscan ese “algo
máis” que como traballadores pode aportar unha persoa a un posto, un plus
engadido.
O traballador actualmente é un todo, xa non só
se valora que renda no posto de traballo senón que acompañe a ese rendemento
dunha actitude, unhas aptitudes e uns valores.
Todos temos ese plus, todos aportamos un
extra, pero non o reflectimos nas nosas candidaturas de emprego, e polo tanto a
empresa non pode valorarnos convenientemente.
Debemos buscar "iso" que nos fai diferentes a outros candidatos.
O CV e a primeira porta de entrada que temos para un posto de
traballo, pero se só expoñemos datos de experiencia laboral e emprego sen
ofrecer nada máis, unha gran parte valor como traballadores queda fora.
Oxalá houbese un modelo de CV que poder dicir:
“se o utilizas entrevístanche seguro e con posibilidades de contratación”, pero
non é así. Hai tantas opinións de CV como persoas que os leen, un mesmo CV pode
chamar moito a atención a un recrutador e para outro pasar máis ben desapercibido.
Deixando para outra ocasión os Video CV, os CV
on-line e as tarxetas de presentación virtual, e centrándonos no CV máis
tradicional, temos á nosa disposición varios modelos de CV que se escapan do modelo
cronolóxico máis habitual, están o CV funcional e o CV combinado. Todos teñen os seus pros e contras,
pero teñen que depender sempre da candidatura á cal queremos optar. Pinchando aquí, pódese ver, por exemplo qué
opinan desde Adecco destes tres CVs.
Como breve resumo dicir que o cronolóxico e
sinxelo de percibir para o que entrevista, porque a informacion está clara e
ordenada, pero ten na súa contra que son moi visibles os cambios de empresa e a
permanencia nos postos de traballo e os paróns laborais e formativos.
O CV
funcional é moi flexible organizando a información e permite destacar as
habilidades do traballador, o contra que ten e que non destacaría tanto a
empresa para a cal se traballou nin o tempo en cada unha delas.
E por último o combinado e unha suma de
ambos, permite valorar a candidatura tanto por experiencia laboral e formativa
como por habilidades da persoa, e para min o
único contra e que cada candidatura precisa de un novo.
Sobre isto para min non é un contra, pois paréceme
básico analizar as candidaturas e
axustar o CV a cada unha delas, e a
carta de presentación (se se quere
presentar) ou o corpo do correo electrónico, porque só así estaremos realmente ofrecéndolle
á empresa o perfil para o posto que precisan.
Non é posible con un só CV queren optar a varios postos, porque ese CV
non está preparado para pasar a criba curricular dun recrutador.
Non é o
mesmo dicir que traballei nun comercio como dependente de tenda , a decir que
teño experiencia laboral en atención ao público, cobro en caixa, control de stocks,
e todo o traballo que se desempeña nun
comercio. Describindo un pouquiño só cada posto, poñemos máis en valor o
traballo realizado, e podemos máis facilmente extrapolar esa experiencia e as
tarefas desempeñadas ao posto de traballo que queremos solicitar.
Unha parte importantísima do análise de
candidatura é o autocoñecemento. Debemos saber definirnos, e saber qué postos
estamos dispostos a desempeñar e cales non, e ahí temos que tratar de ser
sinceiros con nos mesmo e coñecer as nosas potencialidades e limitacións de
cara ao emprego. Definirnos non sempre é sinxelo, sabemos como somos (ou non), pero ás veces é realmente complicado verbalizalo.
Para iso hai múltiples ferramentas en internet que nos axudan a analizarnos, está por exemplo o Análisis Dafo, que actúa en catro vertentes: Fortaleza,
debilidades, aptitudes e ameazas, todo
isto referidos a nos mesmo.
Hai tamén test de autocoñecementos varios circulando por
internet, pero unha ferramenta que me gusta polo sinxelo do seu uso, polo seu
formato e resultados é o test CLOE, que é
unha aplicación do “Servei d'Ocupació de Catalunya” e que axuda na definición
do perfil profesional.
Ainda que para min ten máis usos, posto que ao
remate do test, nos ofrece un informe con aptitudes, valores e competencias, e
non só orientacións de emprego.
Esta definición que vai a facer de nos sírve
para coñecernos un pouco mellor e para verbalizar caracteristicas positivas
nosas que moitas veces non sabemos expresar, e que posteriormente podemos
utilizar para plasmar nun CV ou nunha carta de presentación.
Podedes acceder ao recurso pinchando aquí.
Analicémonos a nos mesmos e posteriormente analicemos o posto de traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario