jueves, 30 de octubre de 2014

A curación de contido Xosé Luis Trincado

Reflexión curación de contidos
Ante a inmensa información que nos ofrece a web era necesaria e fundamental  a figura do curador de contidos, encargado de seleccionar e  verificar  a calidade, importancia e utilidade dos datos que nos aparecen en cada  clik.
 Según  Pisani, o curador de contidos elixe e presenta elementos informativos, o que quere decir que un autentico curador determina qué información é clave para o usuario. De aí que se encargue de servir de “colador” ou filtro entre o que nos presenta o amplo mundo da web a demanda informativa existente na Word Wide Web.
Ainda que se considere tema de actualidade, a curación de contidos é unha práctica  que realizan desde tempos remotos os medios de comunicación, profesores e mestres. Tanto unhos como outros escollen e seleccionan a información que debe chegar aos usuarios, no caso dos medios, e os  estudiantes no apecto que corresponde aos profesores.  
Hai ferramientas claves para curar o contido da web son os Scoop.it, Peper.li, Storify e Pinterest,  podense atopar moitas outras de grande axuda e fácil utilización.

Esta ferramenta é clave a hora de encontrar a informacion da túa preferencia, porque che permite acceder a ela directamente. Pola súa axilidade utilidade practica recomendoa, ademàs tamén se pode seleccionar as preferencias como lector.
                                                                                   

Paso a paso
Un bon curador de contidos debe cumplir cunhas etapas:
Recoller: ainda que require tempo e dedicación a recolección da información é clave para o curador de contido. Para elo debe saber cuál é a última tendencia ou criterios de selección de temas por parte da web.
Filtrar:  tratase de seleccionar do máis ao menos importante. En esta etapa tamén hai espacio para producir contido ou información.

Compartir: unha vez seleccionada a información o paso a seguir é publicar a información e dala a coñocer.

La curación de contenidos de Souto André (Desinfoxicándome)

Internet es una fuente inmensa de información, de sobre carga de información más bien. La curación de contenidos, por lo tanto, nos permite "desinfoxicarnos" del exceso de información de una forma sistemática y sencilla. Y evitar, de este modo, la saturación del exceso de información que circula en Internet, y que no tiene porque ser verídica y/o gozar de calidad.

La Curación de Contenidos, por lo tanto, consiste en buscar, encontrar y seleccionar los contenidos e informaciones que nos interesan. Es decir, filtrar los contenidos de la red para facilitarnos la búsqueda, y claro está, ahorrar tiempo, para después poder distribuirlos o compartirlos.




Para curar contenidos y filtrar información es necesario tener un objetivo claro y bien definido.

Existen muchas formas distintas de presentar los resultados en la curación de contenidos. En mi caso, he intentado utilizar dos herramientas el Feedly y el Scoopit. Y desde la novedad y/o mi poca experiencia, me he sentido cómoda con la utilización del Feedly. La otra herramienta me resultó más compleja pero no descarto ir curioseando poco a poco, investigando según mis necesidades de filtración.


Aquí os dejo mi Curación de Contenidos, donde he buscado la información que para mí es más relevante. Desde luego, Feedly me ha resultado no sólo eficiente sino lo más productivo para desinfoxicarme. ;)


MARÍA JOSE PRADO BERMÚDEZ PLE







Podemos decir que a aprendizaxe é un proceso continuo na nosa vida, onde debemos ter en conta o aprendizaxe formal e o informal, xa que as duas permítennos  desenvolver o proceso de aprendizaxe o longo da nosa vida.

A comunicación  dou un salto no virtual, brindandonos a oportunidade de utilizar recursos, fontes de información, facer contactos..., con todo eso formamos o nos PLE. 

Na Universidade e outros centros de ensino obtiven  a formación que me capacita para o exercicio profesional,  o  meu PLE,que está formado polo conxunto de mecanismos os cales  permitenme interactuar, e comunicarme con outras persoas.


Tamen fago referencia as TIC, posto que son unha ferramenta moi importante hoxe en día, para levar a cabo o meu traballo, e para relacionarme con outras persoas.

A internet ante todo é un espazo de comunicación que ofrece oportunidades, sobre todo mirado desde a prisma da aprendizaxe.

A comunicación levanos a compartir información e tamen crear coñecemento.

No apartado de prensa, proceso os acontecementos, procedentes de varias fontes para transmitilos; a sua función no é, únicamente informátiva, senon que compara e contrapón uns sucesos con outros.

A comunicación danos a posibilidade de utilizar recursos, fontes de información, facer contactos..Todo eso conforma o noso PLE.

 Servizo Público de Galicia, donde vou a traballar cada día para axudarlle os usuarios a través da orientación laboral.

Todo este aprendizaxe  permiteme desempeñar a miñar labor dentro da oficina de Emprego, tránsmitilo diariamente para que outras persoas poidan encontrar eu seu propio camiño..











  










miércoles, 29 de octubre de 2014

Reflexión: Curación de contidos


Curación de contidos: Feedly ou Scoop.it


Como orientadores laborais servímonos de ferramentas dixitais que evitan a infoxicación, saturación por exceso e pérdida de información que poidese ser importante.

Polo tanto, aplicacións como Feedly ou Scoop.it fainos o noso traballo máis doado, pois filtran, organizan e permítenos compartir información. Así, temos tempo para o que realmente é importante: seleccionar aquelo que sexa máis útil.

 

Exemplo do meu panel de Feedly:




Así, como podemos observar na imaxen adxunta, cun só clic temos nunha mesma páxina toda a información dividida por categorías de interese. É unha forma de ter organizado por temáticas todos aqueles blogues, programas de tv, periódicos... que nos gusta ler. É unha forma autodidacta de aprender segundo os nosos gostos.

 

Xa sabes, se queres iniciarte na curación de contidos, no Feedly, podes acceder a tutoriales de youtube, onde te explican como facelo:

 

 

CURACIÓN DE CONTIDOS

Mª José Prado Bermúdez

Curar contidos é útil para acadar información sobre como queremos xestionar e promocionar os contidos que vamos a utilizar.

As ferramentas de curación de contidos Web, ofrecen unha nova forma de organizar , e  de seguir os contidos que máis  nos interesan da internet.

Ademáis do seguimiento da información, estas ferramentas permitennos ocupar e enriquecer a nosa base de datos.

Feedly: é un lector de RSS, que nos permite estar o tanto de todas as novedades dos sitios web que nos interesa, permítenos agrupalos como fontes de información e organizalos para que nos sea máis facíl poder atopalos.
Feedly Maria José Prado Bermúdez

Scoop.it: Permitenos  coller as páxinas seleccionadas  referentes a un tema, por exemplo dun xornal, en función do tema escollido.
É un bó aliado para compartir  os blogs, os marcadores sociais, en diferentes redes, escollese un tema e podese comentar.

Scoop.it Maria José Prado Bermúdez








martes, 28 de octubre de 2014

Marco Persoal

Reflexión persoal sobre o modulo 2:marco persoal


Por José Luis Trincado Alvarez

Os catro temas están introducidos e resumidos no tema 6. Modulo importantísimo para todos aqueles profesionales ou estudiosos da Orientación.

O concepto de Orientación laboral, en adiante O.L, é relativamnete reciente, coa revolución industrial produciúse un cambio importante nos oficios ou profesiois tradicionais, neste contexto nace a O.L como unha necesidade de darlle resposta a nova sociedade industrial. Segundo Echeverria a orientación laboral nace inmersa no chamado triangulo básico da formación-orientación-traballo.


Nos primeiros anos o traballo do orientador consistía en determinar as carencias e problemas, atopar solucións e ensinar a persoa desempregada o que debía facer.
Actualmente entendese que a O L debe abarcar o ámbito do traballo o largo de toda a vida, introducindo novas estratexias, competencias e tecnoloxías para a consecución dos obxetivos marcados.
As habilidades e competencias sociais e comunicativas son todas aqueles comportamentos adquiridos e aprendidos polo individuo para desempeñarse e desenvolverse na sociedade. Estas competencias poden integrarse en tres grandes gupos: Sociais, Afectivas e Cognitivas.
As empresas valoran e teñen moi en conta a hora da selección do seu persoal as habilidades sociais do demandante, a súa capacidade comunicativa unida a adaptación ós cambios asi como resposabilidade, compromiso, optimismo....

Actualmente estamos asistento ao nacemento da chamada sociedad da información, onde a xestión, calidade e a velocidadede transmisión de datos convértense en factores clave para o conxunto da poboación. As web2.0 e outras competencias dixitais Tics son hoxe en día ferramentas indispensables a utilizar tanto polo orientador como polo demandante xa que teñen unha grande implicación sobre a sociedade e o emprego:

  • Xeneran un amplo conxunto de novos productos e servizos
  • Teñen aplicación en moitos sectores da economía
  • Reducen os custos e melloran os procesos
  • Xeran maior rendabilidade e competencia.

REFLEXIÓN  DEL MODULO II

 Mª José Prado Bermúdez

O módulo II, está formado por 5 temas, todos eles son fundamentais para mellorar o noso perfil como orientadores laborales, o mesmo tempo que nos inciden sobre a importancia das TIC, dentro do ámbito profesional.
O Tema 6: trata sobre a Orientación Laboral e as Competencias, a profesión dun orientador laboral,  implica unhas competencias que son o conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes que permiten o exercicio da actividade profesional e establecen un mellora no desempeño do posto .
Diriamos que o aprendizaxe e un elemento importante no desenvolvemento de competencias.
Os coñecementos  e habilidades aprendense a través da formación e do desempeño do posto de traballo,  mentras que as actitudes e competencias entrenanse e desenvolvense en todos os ámbitos da vida.
Un bó coñecemento da nosas competencias  inciden na mellora de organización das nosas prioridades, mellor coñecemento das nosas fortalezas e éxitos, xestionar mellor os nosos recursos cara a motivación do empleo, xa que a busca de traballo, é un traballo en sí e por iso é importante desenvolver ben certas competencias, como coñecer o mercado laboral, obxetivo profesional, manexo das TIC, a noso servizo e dos nosos usuarios.
A xestión da información é básica para o orientador, pois é un gran recurso no exercicio profesional , as TIC, a parte de ser a vía para obter información tamen nos sirve para facer networking con otras persoas.
Tamen se falou do COACHING que é a arte de facer preguntas o coachee, para que este saia da sua zona de confort, e asuma as responsabilidades da vida, xa que él, é o que ten que escoller o camino.






O Tema 7: Desenvolvemento de competencias comunicativas.
A comunicación é moi importante, para eso teñen que funcionar moi ben os elementos necesarios, (mensaxe, cannle, feedback, o emisor e o receptor) a persoa, que se dedica a orientación ten que saber empatizar có usario, con unha mensaxe clara, para que a comunicación sexa fluida, e chegue a bon porto.
As competencias é un proceso que se vai desenvolvendo o longo de toda a vida, falar, escoitar, ler, escribir son habilidades da linguaxe, a partires delas nos desenvolvemos na cultura e na sociedade, e tamen nos volvemos máis competentes comunicativamente.
Diremos que a medida que imos adquirindo estas ferramentas e tamen experiencia as nosas comunicación farese de maneira  máis clara, e entre todos, para que poidamos favorecer o desenvolvemento.








Tema 8:  Habilidades e Competencias Sociais
Neste temas estudiamos as competencias sociais, as habilidades sociais a intelixencia emocional, traballo en equipo, resolución de conflictos e as redes sociais.
As competencias sociais son a capacidade para manter boas relación con outras persoas, esto conleva dominar as habilidades sociais, a capacidade de comunicación efectivo, o respecto, a asertividade, etc.
A primeira das habilidades sociales e saber escoitar, sin ela difícilmente podemos pasar as demais.
O respecto polos demais, é aceptar as diferencias individuais e grupais e valorar os dereitos doutras persoas, incluindo tamen inda que é difícil os puntos de vista.
A empatía, permítenos poñernos na pel doutra persoa, para poder con elo entender o seu problema.
A  asertividade, é manter un comportamento equilibrado entre a agresividade, e a pasividade, e dicir a capacidade de defende e expresar os propios dereitos e opsinións, o mesmo tempo que se respecta os dos demáis.

A resolución de conflitos: é a capacidade para identificar situacións que requiren unha solución ou decisión preventiva, evaluando os riscos e os recursos



Tema 9:  Web 2.0 para a Orientación Laboral
Con este tema profundizamos sobre os contidos, ferramentas, e tamen coñecemos  a importancias de ter una identidade dixital e como construila, pois hoxe en día é unha competencia importante, xa que contribuen o noso crecemento como persoas e como profesionais dentro da orientación laboral.
Vimos tamen que no rural todavía siguen tendo atrancos coas novas tecnoloxias porque a Intranet non lles vai a velocidade contratada,etc.
Coñecemos distintas ferramentas, como RSS (Feedly, Scoop.it), mediante os cales permítenos aforrar tempo  e ter a información que queremos.
Os marcadores sociais  que nos permiten organizar, etiquetar os enlaces máis relevantes na rede.
As redes sociais, coas suas ventaxas, formar parte das redes, permítenos establecer relacións, (networking).
Podemos destacar dentro das redes sociais, Linkedin, Twitter, Facebook,etc.
Vimos tamen a construcción dos blogs, Drive, e para que sirven, coas ventaxas e os seus inconvintes, como é o de ter unha actualización periódica, pero facilita as relación con outros profesionais, etc.
Tamen Carlos nos ensinou o que era a infoxicación de contidos, que internet traballe para nos, etc.
Diriamos que a nosa identidade construese a partires da nosa actividade na rede.
Desde o noso posto de orientadores debemos primeiro actualizarnos, e despois que os nosos orientados se reciclen, ou aprendan estas ferramentas 2.0.





Tema 10: Competencias digitales para a Orientación Laboral

Neste tema vemos como formamos parte dun mundo na rede, na que cada día a información e o coñecemento fluen de forma continua, e están en calquer momento, e en calquer sitio.
E por iso a importancia de saber empregar ferramentas para construir  e fortalecer o noso plan de aprendizaxe, aprendendo a traballar de forma colaborativa empregando a web web 2.0 como base.
Ensinousenos  a descubrir e xestionar a información a través da curación de contidos para que seleccionemos o que máis nos pode interesar e non nos infoxifiquemos, almacenar información a través dos marcadores, crear historias, etc, que pouco a pouco van enchendo a noso PLE.
































































































domingo, 26 de octubre de 2014

Reflexión marco persoal da Orientación Laboral


Nos como orientadores somos xestores do talento e do cambio, axudamos no proceso de búsqueda de emprego. Neste camiño fáixenos imprescindible usar novas ferramentas.

Habilidades psicosociais, que nos axudan a desenvolvernos na sociedade actual. Somos potenciadores de mellorar e incrementar a comunicación verbal e non verbal; a escoita activa a o feedback; empatía para comprender mellor as novas e distintas ópticas / puntos de vista.

Así dentro da Orientación Laboral xurden novos conceptos: traballo en equipo; Asertividade; Intelixencia emocional; Adaptabilidade cultural e flexibilidade para amoldarse aos cambios; Optimismo/positivismo na toma de decisións; Proactividade.
  
Por outro lado, na sociedade actual úsanse cada vez máis as competencias dixitais (TIC - Tecnoloxías da Información e Comunicación).

Na área da Orientación Laboral só podemos ser competitivos traballando en rede xunto con outros profesionais e usando as TIC´s: Pinterest; Facebook; Google+; Linkedin; Twitter; Feedly; diigo; blogue profesional; scoop.it; about.me; skype; vídeocurriculum; youtube; infojobs; jobeeper; jobandtalent etc



En suma, estas ferramentas sociais e dixitais, facilitan a nosa tarea de xestores do cambio, participamos así no proceso social de mellorar as posibilidades de inserción laboral e de reinvención/emprendemento. 




jueves, 23 de octubre de 2014

Mi Entorno Personal de Aprendizaje Souto André



Un Entorno Personal de Aprendizaje o Personal Learning Environment (PLE), en inglés, podemos considerarlo como un “sistema” para ser quien de gestionar “nuestra manera” nuestro propio proceso de aprendizaje.

Es decir, una forma de buscar nuestros propios objetivos e intereses de aprendizaje para hacerlo más fácil, más sencillo o más personal. Al mismo tiempo, genera o crea nuevos ámbitos e intercambios de comunicación.

El PLE podemos fundamentarlo en las fuentes de información que consultamos diariamente y como ellas pueden llegar a modificar nuestras propias reflexiones, creencias y/o ideologías. Incluye por lo tanto desde la formación reglada, hasta la no reglada e informal. Lo que está claro, es que, Internet hoy en día es una parte fundamental de todos y cada uno de los PLE.


Aquí os dejo mi Entorno Personal de Aprendizaje, donde destaco lo que me acompaña en mi PLE. Que va desde la escuela, los libros que leo (mayoritariamente ensayos), la ciencia y la medicina de la que me gusta estar al día, las Universidades en las que de un modo u otro me he formado. También he considerado importante destacar las emisoras tanto de televisión y de radio que escucho, en las que me gusta incluir la música y el cine. Por supuesto, mi Comunidad Autónoma y su Administración (Xunta de Galicia), su Servicio Público de Empleo y por último como parte de fundamental, las Nuevas Tecnologías de Información y Comunicación las TIC.


miércoles, 22 de octubre de 2014

Reflexión individual da poñencia de Fernando Aguilar-Galindo Ávila: "Erradicando os límites da linguaxe para ampliar os límites do pensamento"

Despois da poñencia de Fernando Aguilar-Galindo Ávila non podo deixar de reflexionar no tocante a linguaxe e a súa importancia, xa que, a percepción humana das realidades determínaas xustamente a linguaxe.

E o cerebro constrúe tantas imaxes como as que pode describir a lingua, ou as linguas, que coñecemos e que fabulamos, co cal, se posuímos un vocabulario amplo percibiremos unha perspectiva máis dilatada, diversa e plural da realidade, que se posuímos un vocabulario empobrecido e escaso, xa que reducirá de xeito significativo a percepción do entorno. É dicir, que a linguaxe é un dos factores que afecta á construción do pensamento e permítenos describir e percibir a realidade, de tal xeito que, se algún elemento da realidade carece de nome desaparece de nosa mirada que observa e deixaría de existir.

Podemos comprender e concretar sinxelamente entón, a importancia de deixar de utilizar na nosa comunicación unha linguaxe sexista, xa que, o seu uso, segue a apoiar ás agachadas a naturalización da desigualdade entre mulleres e homes. Onde os acontecementos sociais, as relacións humanas e a cultura, paralizarase e, seguiremos obstruíndo o noso pensamento.


Erradicando os límites da linguaxe.
A linguaxe como instrumento de representación da realidade ten gran impacto sobre o que a xente e o conxunto da sociedade percibe, xa que estrutura o pensamento e é elemento da comunicación e interacción. Ao mesmo tempo, actúa como un mecanismo autorregulador do noso comportamento. Polo tanto, pode e debe ser modificado. Por iso, as diferentes Reais Academias das Linguas do noso Estado español, vense obrigadas a renovar as edicións dos seus dicionarios, incorporando novas palabras ou neoloxismos, desterrando outros en desuso, ou cambiando e actualizando as súas acepcións.

Por iso, é imprescindíbel suprimir os límites opresores do noso pensamento para coa linguaxe e abrir novos espazos de reflexión. Agora ben, provocar estes cambios non depende soamente da vontade, senón que, precisamos dispoñer das ferramentas para que dende calquer ámbito de actuación, poidamos axustarnos ás normas e convencións que nos permitan transmitir mensaxes comprensíbels, e aplicar elementos que favorezan o seu uso integrador, plural, diverso e, especialmente non sesgado por razóns de sexo ou de xénero e que trate a información dende parámetros e medidas non discriminatorias.

No curso da historia, grandes mulleres organizadas e empoderadas de sororidade, fixeron pasos axigantados para cambiar unha sociedade patriarcal e arcaica que dirimía os dereitos e liberdades en función do sexo. Hoxe, ninguén discute os dereitos igualitarios entre homes e mulleres mais, non por iso, os dereitos formais son tamén dereitos reais.

É evidente, que ao longo destes últimos anos a perspectiva de xénero tornouse nun óvulo a hora de abordar os problemas de desenvolvemento, pobreza e desigualdade de oportunidades entre mulleres e homes, o cal, consideramos imprescindíbel para estender as fronteiras do noso pensamento na linguaxe.


Co cal, para rematar cós estereotipos de xénero, é preciso erradicar o sexismo da linguaxe, ou, dito doutro xeito, é imprescindíbel cá lingua perciba a realidade actual, que está marcada pola saída das mulleres ao espazo público, aos espazos de toma de decisións, pola conquista de todos os dereitos humanos e da cidadanía que nos veñen dados por lei. Mesmamente, é imprescindíbel e vital que a lingua facilite a “normalización” dos varóns no ámbito doméstico, nos coidados, e nas súas emocións e afectos, a fin de facilitar unha transición cara unha sociedade máis plural, máis xusta e máis equilibrada.

Ampliando os límites do noso pensamento na linguaxe
O obxectivo que se plantexa é concienciar á humanidade, especialmente aos axentes educativos, no feito de que a lingua, do mesmo xeito cás persoas e a sociedade, está viva, en constante evolución e modificándose de xeito permanente, e así, soslaiar o uso sexista da linguaxe e erradicar, deste xeito, a discriminación e segregación lingüística, e como non, a limitación implicada no noso coñecemento. Para iso, é de recibo potenciar os recursos que existen a nosa disposición para evitar incorrer no sexismo lingüístico. Nembargante, cambiar os nosos costumes non é unha tarefa sinxela e precisa de moito esforzo e vontade, xa que, temos tan interiorizados o androcentrismo e o sexismo, cás veces, non nos damos conta e resúltanos moi complexo distinguilo.


Para facer un uso non sexista da linguaxe non hai fórmulas específicas, senón que, aos poucos, ímonos dar conta a través de claves, guías e protocolos, onde están os sesgos do noso pensamento e de como se volcan a través da linguaxe. Debido a estreita relación que existe entre linguaxe e pensamento, imos ir modificando a nosa linguaxe na medida en que sexamos conscientes e capaces de discernir có usamos incorrectamente, e cando fagamos o esforzo de realizar as modificacións pertinentes no xeito de expresarnos. Folga dicir, que se somos docentes con verdadeira preocupación por aportar unha visión do mundo máis igualitaria e democrática, deberiamos evitar perpetuar ata a saciedade os estereotipos lingüísticos.

Calquer docente debería velar polo cumplimento do principio de igualdade e da non discriminación na educación e formación que emite. As actuais estruturas lingüísticas imperantes na nosa Constitución, perpetúan aínda desigualdades sociais de raíz histórica en relación co nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Por iso, é necesario e apremiante modificar xa de forma inescusábel os usos lingüísticos. Converténdose os dereitos formais en dereitos reais.


Conclusión
Xa para rematar, é imprescindíbel que teñamos ben presente que a lingua ou as linguas, non son discriminatorias, senón que, o que discrimina é o uso que facemos delas, e que é posíbel redactar textos respetuosos e democráticos se partimos da perspectiva de que queremos facelo e contamos cós recursos axeitados.

Se dende calquer ámbito abrimos novos espazos de reflexión o redor do sexismo que existe na linguaxe e na comunicación humana, e potenciamos a utilización dunha linguaxe non sexista, tratando a información dende parámetros non discriminatorios nin invisibilizadores para as mulleres, erradicaremos os límites da linguaxe e ampliaremos os límites do noso pensamento. Xa que, se a linguaxe non nomea ás mulleres, claro está que non existen.

Bibliografía
BUTLER, JUDITH, (2004) Lenguaje, poder e identidad, Editorial Síntesis, S.A., Madrid.
FUNDACIÓN ISONOMÍA, (2008) Claves para un uso no sexista del lenguaje y la comunicación, 2ª edición, -Módulo 3; RENAU MICHAVILA, MARTA, Lo que las palabras esconden: desvelemos el sexismo en el lenguaje-, Castellón de la Plana.

Webgrafía
García, Andrea, Hacia un uso no sexista de la lengua. Salirse de la norma para educar en libertad [En liña]; http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/lenguaje.pdf [Consulta: 29 novembro 2011]
Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres. [En liña]; http://www.boe.es/boe/dias/2007/03/23/pdfs/A12611-12645.pdf [Consulta: 14 decembro 2011]
V Plan do goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes 2007-2010. [En liña]; http://www.burela.org/PDF/5planigu.pdf [Consulta: 14 decembro 2011] Constitución Española, [En liña];http://www.boe.es/aeboe/consultas/enlaces/documentos/ConstitucionCASTELLANO.pdf [Consulta: 23 decembro 2011]

lunes, 20 de octubre de 2014

Reflexión grupal módulo 2. Tema 7: "Desenvolvemento das habilidades comunicativas"

As habilidades e competencias sociais no mundo laboral


As habilidades e competencias sociais son aqueles comportamentos adquiridos e aprendidos polas persoas para desempeñar e desenvolverse na sociedade. Estas competencias pódense integrar en tres grandes grupos:

1. Sociais. As que rixen a boa comunicación.
2. Cognitivas. Están vinculadas coa autoestima, a toma de decisión
3. Afectivas. As relacionadas co control das emocións



As habilidades están relacionadas cos hábitos ou estilos da vida que a súa vez permiten mellorar as relacións interpersonais e lograr os nosos obxetivos. O que quere dicir que, as habilidades sociais son as capacidades ou destrezas sociais específicas requeridas para executar competentemente unha tarefa interpersonal.


Polo tanto, tras a poñencia de Fernando Aguilar-Galindo Ávila as conclusións máis importantes foron:

• Cada día é máis importante coñecerse a un mesmo ou a una mesma, é dicir, centrarnos nas nosas fortalezas, ter claro o que nos motiva a tirar cara diante. Parafraseando a Albert Einstein cando dicía; Todo o mundo é unha xenialidade. Pero se xulgas a un pez pola súa habilidade para trepar árbores, vivirá toda a súa vidad pensando que é un inútil.

• Tanto no desenvolvemento persoal como profesional, é importante potenciar as nosas habilidades psicosociais. Cando entramos no mercado laboral xa non é suficiente ter un Grao Universitario, Formación Profesional, etc. Hai que ter habilidades para traballar en equipo; Asertividade; Intelixencia emocional e empatía para encarar os novos retos deste mundo globalizado e en constante cambio; Adaptabilidae cultural e flexibililidade para amoldarse aos cmabios constante que se producen no día a día dentro do noso postos de traballo e na nosa vida. Optimismo/positivismo, o que nos axuda a tomar decisión e tentar pesquisar diferentes perspectivas; Proactividade, ter iniciativa de encarar as dicersas situación que se nos presenten.

Para aceder a un bo posto de traballo non soamentes basta cun bo currículo, senón tamés aspectos tan cruciais na vida cotiá como as habilidades sociais da persoa demandante de emprego: responsabilidade, compromiso e una boa aptitude e disposición frente aos cambios.
   


• Nós como persoal orientador somos xestores do talento e do cambio. Par levar a cabo o noso rol, temos que potenciar que haxa: comunicación verbal e non verbal; escoita activa e feedback; empatía para comprender mellor as distintas ópticas ou puntos de vista.



A competencia comunicativa posibilita a participación en situación específicas de ter capacidade de escoitar, de facer preguntas, expresarnos de xeito efectivo, exponer aspectos positivos, e sobre todo a habilidade de saber cando e quen preguntarlle.


A comunicación tamén xenera un fluxo entre as persoas componentes dun grupo, inda que se empreguen distintas canles, que en todo caso favorecen o establecemento das relacións que seguro serán beneficiosas, sempre e cando sexamos coherentes co que dicimos é como o dicimos. Un dos beneficios de saber dar e recibir no feedbak a nivel grupal, xa que unha comunicación clara é fluida repercute positivamente no funcionamento común.


Por iso é importanísimo reflexionar no ámbito comunicativo e laboral da linguaxe, xa que, a percepción humana das realidades determínaas xustamente a linguaxe.

E o cerebro constrúe tantas imaxes como as que pode describir a lingua, ou as linguas, que coñecemos e que fabulamos, co cal, se posuímos un vocabulario amplo percibiremos unha perspectiva máis dilatada, diversa e plural da realidade, que se posuímos un vocabulario empobrecido e escaso, xa que reducirá de xeito significativo a percepción do entorno. É dicir, que a linguaxe é un dos factores que afecta á construción do pensamento e permítenos describir e percibir a realidade, de tal xeito que, se algún elemento da realidade carece de nome desaparece de nosa mirada que observa e deixaría de existir.


Podemos comprender e concretar sinxelamente entón, a importancia de deixar de utilizar na nosa comunicación unha linguaxe sexista, xa que, o seu uso, segue a apoiar ás agachadas a naturalización da desigualdade entre mulleres e homes. Onde os acontecementos sociais, as relacións humanas e a cultura, paralizarase e, seguiremos obstruíndo o noso pensamento. E excluíndo as mulleres do ámbito laboral do que forman parte.

Por iso, é imprescindible suprimir os límites opresores do noso pensamento para coa linguaxe e abrir novos espazos de reflexión. Agora ben, provocar estes cambios non depende soamente da vontade, senón que, precisamos dispoñer das ferramentas para que dende calquer ámbito de actuación, poidamos axustarnos ás normas e convencións que nos permitan transmitir mensaxes comprensíbels, e aplicar elementos que favorezan o seu uso integrador, plural, diverso e, especialmente non sesgado por razóns de sexo ou de xénero e que trate a información dende parámetros e medidas non discriminatorias.

Co cal, para rematar cós estereotipos de xénero, é preciso erradicar o sexismo da linguaxe, ou, dito doutro xeito, é imprescindíbel cá lingua perciba a realidade actual, que está marcada pola saída das mulleres ao espazo público, aos espazos de toma de decisións, pola conquista de todos os dereitos humanos e da cidadanía que nos veñen dados por lei. Mesmamente, é imprescindíbel e vital que a lingua facilite a “normalización” dos varóns no ámbito doméstico, nos coidados, e nas súas emocións e afectos, a fin de facilitar unha transición cara unha sociedade máis plural, máis xusta e máis equilibrada.


Por iso, é imprescindíbel que teñamos ben presente que a lingua ou as linguas, non son discriminatorias, senón que, o que discrimina é o uso que facemos delas, e que é posíbel redactar textos respetuosos e democráticos se partimos da perspectiva de que queremos facelo e contamos cós recursos axeitados.

Se dende calquer ámbito abrimos novos espazos de reflexión o redor do sexismo que existe na linguaxe e na comunicación humana, e potenciamos a utilización dunha linguaxe non sexista, tratando a información dende parámetros non discriminatorios nin invisibilizadores para as mulleres, erradicaremos os límites da linguaxe e ampliaremos os límites do noso pensamento. Xa que, se a linguaxe non nomea ás mulleres, claro está que non existen.


En suma autores como Meichenbaum, Butler e Grudson coinciden en que o desenvolvemento das competencias sociais depende do contexto cambiante. “A habilidade social debe considerarse dentro dun marco cultural determinado, é os patróns de comunicación varían ampliamente entre as culturas e dentro dunha mesma cultura, dependendo de factores tales como a idade, o sexo, a clase social, a educación”, o que quere dicir que os factores culturais, ambientais e psicolóxicos condiciónannos.

Xa para rematar, non debemos esquecer a incorporación polo tanto das diferentes competencias básicas permítelle as persoas aquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles para poder acadar a súa realización persoal, incorporarse a vida de xeito satisfactorio e ser quen de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.