sábado, 29 de noviembre de 2014

Reflexión individual do Módulo 3. Souto André

Reflexión individual do Módulo 3.
Souto André


Tema 11: O traballo da Orientación Laboral I. Intermediación Laboral

No ámbito laboral as veces é moi complexo xestionar os factores que dificultan o acceso ao emprego, por iso é fundamental orientar e informar as persoas usuarias que acuden aos nosos servizos sobre os recursos disponibles para mellorar a súa empregabilidade.

Por iso, os modelos de intervención en Orientación Laboral deben funcionar como guías de carácter flexible e complementario adaptándose as necesidades de cada momento. Polo que é imprescindible unha elaboración de pautas ou metodoloxías para ditas intervencións que claro está son heteroxéneas e peculiares segundo o contexto sociocultural que acompaña ao proceso de de buscar emprego.

Existen novas tendencias como sabemos, e a utilización da informática e das novas tecnoloxías e fundamental na Orientación Laboral, aínda así, debemos seguir basándoa en certos principios; A individualización, a flexibilidade e a busca da autonomía.

A finalidade é favorecer o acceso ao emprego, sobre todo polo queno meu caso se refire, o acceso ao emprego a persoas vulnerables. Para acompañarlles a traspasar os ámbitos de exclusión ou precariedade e que poidan alcanzar deste xeito a plena integración na sociedade.

Como persoal técnico de orientación laboral coñecer as difilcultades, obstáculos, capacidades e oportunidades das persoas coas que traballamosé moi necesario para desenvolver o deseño de proxectos e obxectivos laboráis en equipo e mellorar e favorecer o acceso ao emprego e alcanzar a inserción laboral.

É fundamental realizar dende os Servizos de Orientación diagnósticos iniciais eficaces e coñecera a situación de partida de cada persoa para orientar ditas intervencións en función das necesidades reais.


Tema 12: O traballo da Orientación Laboral I. Itinerarios de Inserción

Polo que se refire ao deseño dos Itinerarios personalizados de Inserción e básico ter en conta as características das persoas demandates. Establecer actividades e un compromiso de realización e facer constatemente supervisión e avaliación. No meu caso, ao traballar con persoas con discapacidades ou incapacidades laboráis as veces os Itinerarios Personalizados de Inserción, convírtense na realidade cotiá de traballo non na realidade formal do Servizo de Orientación.



Ahora ben o concepto IPI actualmente ten outras connotacións asociadas por norma xeral a itinerarios formativos que moitas veces fan que as oportunidades que ofrece o sistema para a poboación desempregada se convirtan na creación estructurada de parásitos do mesmo sistema.

Podemos polo tanto definir o IPI formalmente como: A realización e seguemento duhna secuencia de accións, destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas como desempregadas. En Galicia, o órgano administrativo competente na materia é a Dirección Xeral de Formación e Colocación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Presta un servizo de apoio na busca de emprego ás persoas demandantes remitidas ben directamente dende o o propio Servizo Público de Emprego de Galicia, ou ben dende as súas Entidades Colaboradoras.

A continuación amosamos un cadro explicativo, que forma parte do material que recibimos nos  apuntes, de como realizar un IPI.



Tema 13; O traballo de Orientación Laboral III. Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisión

O coñecemento das novas ferramentas informáticas por norma xeral son moi complexas de traballar co colectivo. Xa que acontece que acaban sendo excluídas do Sistema educativo, pero é certo que unha vez comezan a entendelas disfrutan aprendendo. Por iso debería ser algo que dende os sistemas orientación deberíamos ter moi en conta a importancia e a vantaxes que le podemos sacar para que saiban adicalas a busca de emprego

Unha vez adentrados no mundo das novas tecnoloxías e moi interesante traballar coas persoas as técnicas axeitadas para realizar e enfrentarse as entrevistas. Por iso temos que aplicar técnicas para saber coñecerse e analizarse persoalmente para saber definir os obxectivos laborais e diferenciarse das demais persoas. Coñecer ao mesmo tempo o mercado laboral ao que se quere accedecer.

As veces ao estar sen traballo o desbordamento de emocións, de sentimentos convirte a busca de emprego nun caos por iso temos que saber explicar a importancia de elaborar o plan de acción a seguir no “traballo” de buscar emprego. Para desenvoñver e deseñar e/ou reelaborar diferentes Currículums Vitae e Cartas de presentación acordes aos memos. Mais non soamentes iso, tamén a:

- Desenvolver diferentes Roll playing de Entrevistas de Traballo e/ou Probas de selección.
- Preparación das regras de comunicación verbal e non verbal.
- Definir o seu proxecto profesional cara onde queren comezar a busca de emprego. No que terán que ser quen de definir os seus intereses, acordes claro está, as súas necesidades e valores para ser quen de realizar diferentes Currículum Vitae.
- Creación e realización de diferentes Currículum Vitae e Cartas de presentación acordes aos mesmos, onde persoalmente considero que se queremos un CV formal e sinxelo debemos apostar polo CV Europeo.

Por outra banda, a construcción da Marca Persoal ou o Marketing persoal serven para acadar e ser quen de destacar frente ao resto de persoas competidoras e reforzar o valor como profesional. Polo tanto, é fundamental aprender a saber que pegada deixamos nas demais persoas, do que creen que podemos aportarlles e esta distinción é fndamental.

Debemos aprenderlles polo tanto: diferenciarse das demais persoas, ser visibles para as empresas e a nova clientela, posicionarse como persoas expertas e relevantes no seu campo profesional, pasar a ser a "demanda" en vez da "oferta". A "identificar e comunicar aquilo que lles fai destacar, ser relevantes, diferentes e visibles nunha contorna homoxénea, competitiva e cambiante". É dicir, a identificar os seus valores principais, e como comunicalos de tal xeito que se diferencien do resto da xente. A idea é xestionar a súa"imaxen" como se fose unha"marca".

Por iso convírtese en obxectivos fundamentais: 

- Determinar o rumbo que queren tomar para desenvolver a súa marca persoal, polo que deben; detectar cales son as súas "palancas" e dicir as súas fortaleza e habilidades.
- Determinar os seus obxectivos profesionais; en que sector ou sectores queren traballar, se prefiren ser persoas emprendedoras ou non, as empresas nas que lles gustaría traballar.
- Definir unha profesión que lles diferencie do resto, especializándose. "Inventando" unha profesión con tres apelidos que especifique exactamente o que fan. 
- Construir a Marca Persoal 2.0 implica estar presente en distintos medios;

Redes Sociais: o ideal é ter presencia en Twitter e en Linkedin
  • Twitter: é unha ferramenta execelente para posicionarse e cosolidarse como persoas líderes (conseguir seguidores "followers") e expoñerse as empresas.
  • Linkedin: é perfecto para construir o perfil profesional. É como o Google dos e das profesionais. Cando unha empresa busca profesionais Linkedin é a súa referencia e senon están en Linkedinlimitan as súas posibilidades.
Eventos (charlas, coferencias...): Son un sitio magnifico para gañar exposición fronte a outros profesionais e empresas, consolidando a reputación e entablando novas relacións con outras persoas profesionais dos sectores que lle interesan. Poden dende gravarse en video, sacar fotos do enevnto e compartir despois nas súas redes sociais para amosar os seus coñecementos.

Blog: os Blogs estánse consolidando como plataformas da Marca Persoal. Un Blog dalles autoridade e permítelles crear contido único e relevante para o público ao que se dirixen. E polo tanto unha ferramenta excelente para atopar traballo xa que vale máis que calque CV xa que amosa os coñecementos que se teñen.

Publicacións: Tanto de libros como de vídeos, aumenta os indicadores de credibilidade e liderato como profesinais.

- Facer "Networking", ou o que é o mesmo ampliar a rede de contatos para acadar máis oportunidades de traballo. Pódese facer en Eventos, conferencias, charlas, ou a través das Redes Sociais, por exemplo; buscandoprofesionais afins en Linkedin facendo un listado de empresas onde lles gustaría traballar, busca das persoas profesionais que traballan nesas empresas constactando en elas e/ou mandándolles un correo-e, creando en mantendo as relacións, buscando a creación de oportunidades.

Asemade, como deixou moi claro no Obradoiro realizado por Mª Luisa Padilla Lorenzo, coñecer o desenvolvemento das nosas competencias é básico. Por iso temos que facer unha reflexión sobor; a nosa Conciencia a nosa Autocreencia é dicir o nivel de autoestima que temos e da nosa confianza. A semade, temos que ter responsabilidade, ou o que é o mesmo o conxunto dun compromiso coa vontade de cumplilo e ensiñarlles a facelo as persoas coas que traballamos a cotío.

Unha vez feita esta reflexión temos que que ver se o obxectivo é asumible. En caso de que non o sexa teríamos que repensalo pero pola contra se fora asumible; Adiante!! non hai nada que perder

As competencias nas que centrou o seu Obradoiro foron oito:
  1. Comunicación
  2. Cordialidade
  3. Control emocional
  4. Autoestima
  5. Traballo en equipo
  6. Orde e normas
  7. Iniciativa
  8. Liderato
Estas oito competencias están estreitamente relacionadas entre sí, onde a educación e a empatía son actitudes ou valores básicos nas oito competencias.


Mª Luisa Padilla Lorenzo, ao meu parecer unha comunicadora fantástica, enfatizaba moito durante o Obradoiro que todas e cada unha das competencias poden aprenderse, soamentes necesitamos reforzalas por medio de técnicas e estratexias. Canto máis as practiquemos mellor e máis reforzadas as teremos.

Tema 14: O traballo da OrientaciónLaboral  IV. O análise de perfís profesionais e prospección de emprego

Polo que se refire a este tema foi moi interesante coñecer e actualizarse para ser capaces de identificar as ferramentas e técnicas utilizadas polo persoal orientador para ser capaces de formar as persoas usuarias na súa labor da busca activa de emprego. 

Por outra banda, considerei escaso  o tempo que poidemos adeicarlle aos aspectos clave que debemos ser quen de considerar como profesionais no importante e necesario que que é a prospección de empresas. 

Facendo un pequeno resumo, sería interesante, en primeriro lugar, obter información do tecido productivo do territorio na que temos pensado realizar dita prospección e detectar as necesidades de emprego e ser que de dar a coñecer os recursos e ou actividades de emprego.


Por outra banda, se se considera oportuno realizar programas, proxectos e actuacións para crear redes sociais e ser quen de crea sinerxias entre as empresas e as persoas desempregadas. Por iso é tan importante captar empresas colaboradoras e ofrecerlle asesoramento xa que así seríamos quen de conseguir unha mellora cualitativa na incorporación e favorecemento a incorporación laboral.

Para realizar a prospección empresarial sería interesante basarse nunhas bases orientativas posibilitando adaptcións se fora preciso. 

Fase Preparatoria, onde  delimítaríamos o perfil das persoas candidatas e os ámbitos de actuación. 
Fase de Planificación. Identifícando as empresas obxecto de prospección e as súas variables que dan resposta ao obxectivo da investigación.
Fase de traballo de campo. É dicir, a toma de contacto coas empresas para que coñenzan o obxecto da prospección e concretar a primeira visita. Preparar e desenvolver as visitas empresariais.
Fase de Avaliación e Seguimento. Mellorar o coñecemento da realidade empresarial. Recoller datos que nos permitan realizar unha análise e estudo global da situación, satisfacer necesidades de cada unha das empresas. E non esquecernos de realizar seguimento das actuacións  e facer sempre avaliación continua.

Tema 15: O traballo da Orientación Laboral V. Técnicas e ferramentas para o acceso ao autoemprego

Polo que se refire as técnicas e as ferramentas é algo fundamental no noso ámbito laboral e sería interesante chegar a un acordo. Ou alomenos iso é o que considero. Claro está, que somos moitas persoas e moi diversas pero tentar chegar a uns mínimos sería interesantexa que atopábamonos no momento ce concretar ideas.

Así mesmo, unhas das labores que debemos ter en conta na nosa experiencia laboral e fomentar o espírito emprendedor e potenciar, na medida do posible, actitudes positivas ante a cultura emprendedora.

É básico polo tanto o asesoramento para a elaboración do Plan de Empresa, a análise de factores crave de éxito de cada proxecto empresarial. Tamén a información sobre recursos existentes en materia de autoocupación, infraestruturas dispoñibles e transmisión de experiencias positivas empresariais, entre outras accións.

Para ofrecer un bó asesoramento é interesante coñecer:
  • O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia, adscrita á Consellería de
  • Economía e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia.
  • A Consellería de Traballo e Benestar (Cooperativismo e economía social, Sociedades Laborais)
  • O Consello Galego de Cooperativas.
  • A Oficina para persoas empregadoras. 

Tema 16: O traballo da Orientación Laboral VI. A elaboración do Plan de Empresa.

O primeiro e fundamental e o Estudio do Mercado e saber plantexar os obxectivos e as fases de preparación e elaboración.

Para iso o analise DAFO e as variables de Mercadotecnia (servizo, produción e distribución por exemplo), e ter moi claro extratexias e facer unha boa análise económica. e algo básico para aelaboración dun bo Plan de Empresa.

Como Persoal Orientador é interesante ter unha idea, polo menos, do que é un Plan de Empresa. E saber darlle unhas nocións para que poda ir madurando a idea e despois derivalo aos Servizos correspondentes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario