miércoles, 5 de noviembre de 2014

O perfil de Linkedin





Hoxe en día tal e como esta o panorama socio-económico é importante conocer todas as vías para atopar traballo, pero saber usalas é imprescindible.

Pensar que por ter un perfil en Linkedin xa é suficiente para ser visibles é enganarse porque non é un lugar en donde ser atopado, senon polo contrario e principalmente, é un lugar en donde facerse visible de forma proactiva, é unha ferramenta de marketing personal e non un mero CV Online.

É a máis "profesional" das redes sociales, unha plataforma de Networking donde a información relevante é “qué fago” e “cómo o fago”. Máis ben ´é saber transmitir “qué sei facer”, reflexar os logros obtidos ao longo da nosa traxectoria profesional. É un escaparate donde so se debe mostrar aquélo que quero vender. E o importante dun escaparate é que os outros nos teñan en mente. Todo é un producto, nos mesmos somos un producto. E debemos saber cómo estar presentes en ese escaparate.

O primeiro que debemos facer antes de empezar co perfil é ollar perfís recomendados, que sepamos que estan ben realizados, para importar o estilo e o tipo de linguaxe ó noso propio perfil.

A foto do perfil é esencial e debe ser o máis normal posible, é decir, ni esaxeradamente profesional ni demasiado informal. A imaxen é o primero que entra pola vista do outro.

Na experiencia laboral debemos saber expresar os logros obtidos, non soamente o que sabemos facer xa que  hoxe en día todos somos mui homoxéneos en canto a titulacións e estudios. O noso traballo debe ser definido de forma sinxela, nin demasiado adornado nin demasiado esquemático. Trátase de comunicar valor non simplemente detallar cargos e empresas nas que traballamos.

En  canto ós contidos, debemos engadir sobre todo aqueles que nos aporten valor. Para iso é necesario ter unha estratexia de actuación ben definida. Teríamos que plantexarnos a qué público nos diriximos. A nosa rede de contactos é o noso mercado potencial, que non é outra cousa que o conxunto de profesionais os cales podemos aportar valor a través da nosa expertise profesional, é ese expertise, ese saber-facer, o que debemos poñer de manifesto a través dos contidos que creamos e compartimos.

En Linkedin como en outras redes podemos seguir a grupos, esta  é unha boa opción como parte da nosa estratexia dixital. Existen grupos ou colectivos donde unha serie de personas contactan e relacionanse entre sí, pero ademáis hai que interactuar e crear contido propio, de esta forma os demáis vannos coñecer e a nosa marca pode medrar e potenciarse.

Algo importantísimo é o extracto, debemos saber optimizalo. Os usuarios que accedan á nosa información van prestar atención sobre todo as tres  primeiras liñas, por iso é importante pensar ben qué poñer. Debemos saber expresar brevemente o “por qué deben contratarnos” ou contar cos nosos servicios.

En  Internet non funciona o mellorar esaxeradamente o noso currículum para impresionar, se nón que debemos ser honestos e sinceros, dado que actualmente toda a información relativa a nosoutros está máis pública e accesible que nunca. Se non traballamos nunca temos que saber darlle a volta a este dato, de maneira que aportemos unha alternativa. Vamos a utilizar o noso perfil para transmitir “en qué somos distintos aos demáis”, “qué fago de diferente” e facerllo chegar ás empresas. Nun entorno donde a maioría dos perfís son tan homoxéneos, añadir una información extra o noso fará que destaque sobre os demais.

 Hoxe en día os responsables de Recursos Humans das empresas, buscan os perfís de candidatos nas redes sociales. De ahí a importancia de que exista certa coherencia e senso entre a información que aportamos no noso perfil público e o que verdadeiramente mostraremos, o privado.


Por último ompletemos  os datos de interés con información relativa os cursos, certificados, asociacións as que pertenecemos, etc.



En resumen, merece a pena invertir unhos minutos en mellorar o noso perfil de Linkedin. Seguindo estos sinxelos pasos lograremos transmitir qué sabemos facer, qué conseguimos, en qué destacamos e por qué deben ternos en conta, é decir, responder as grandes cuestions que require toda plataforma Networking.

É primordial poñer en valor a nosa experiencia, o noso saber facer. Ser conscientes de isto é clave no só en Linkedin, se nón para toda a nosa carreira profesional. Así pois, empezaremos tratando de analizar a nosa carreira en base as aportacions realizadas ás empresas nas que traballamos. Proxectos nos que participamos, e que tiveron algun impacto para o departamento, a área funcional, a empresa na sua totalidad o unha empresa cliente, son a materia prima coa que construir esa proposta de valor. Os logros profesionais son“datos” mui útiles para definir esa proposta de valor personal.



Relacionado:
10 verdades sobre Linkedin que cambiarán tu forma de utilizarlo

1 comentario: