jueves, 27 de noviembre de 2014

Tarefa Grupal Módulo 3: "Dimánica Grupal do Obradoiro de Competenicas".



Dinámica Grupal  Obradoiro de Competencias

Mª Luisa Padilla Lorenzo




A poñencia de Mª Luisa Padilla Lorenzo foi a que máis nos gustou a Intégrate 2.0 Por iso, a nosa Reflexión grupal do Módulo 3 foi o seu Obradoiro de Competencias.

As competencias son as capacidades, coñecementos, habilidades, pensamentos e valores que se desenvolven nas diferentes interaccións que teñen os seres humáns tanto no ámbito persoal, social como laboral.

As competencias tamén as desenvolve unha persoa para comprender, transformar e practicar no mundo no que se desenvolve.

O xeito de desenvolver as competencias non se fai de forma mecánica ou repetitiva, senón que implica aprendizaxe a través das situacións que se viven día a día e iso, permítenos comprender e resolver as nosas dificultades cotiáns, e ao mesmo tempo comprometernos máis coa sociedade. 

As competencias básicas son contruídas e desenvolvidas por cada persoa, e sérvennos para interactuar co entorno social, resolvendo os problemas ou conflictos que poidan xurdir.

Diríamos tamén que as competencias básicas son aquelas que a persoas constrúen na base do seu aprendizaxe como poden ser comunicarse, razoar, empatizar, solucionar problemas, etc.

Son, polo tanto, un conxunto de destrezas, habilidades, coñecementos e características conductuais que predicen unha actitude necesaria para exercer unha profesión.

Un dos factores máis importantes para ter éxito na vida é a capacidade de relacionarse cos demais. Cando nos comunicamos cos demais só o 7% está representado pola palabra, mentres que o 38 % exprésase a través da entonación e o 55 % a través da linguaxe corporal, de aí se deduce que cando nos comunicamos o que ten maior importancia non é o que decimos senón como o decimos e a actitude que adoptamos ao decilo.
Atendendo a esto, imos a expoñer un conxunto de reglas que nos permitirán que o proceso de comunicación se faga dunha forma óptima.

Reglas de comunicación verbal:
Preparar as respostas e a forma de expresalas, evitar monosílabos, facer comentarios positivos da propia experiencia, dos nosos intereses, metas e aficións, reformulación positiva, utilizar expresións de seguridade, non utilizar información perxudicial...

Comunicación non verbal:
Como xa dixemos a comunicación non verbal proporciona o/a entrevistador/a tanta información ou máis da que a persoa manifesta verbalmente. Ante unha contradicción entre a mensaxe verbal e non verbal, inclinámonos sempre a crer a non verbal porque é máis difícil de simular. Polo tanto, deberase ter en conta e coidar a forma de vestir, hixiene, dar a man, expresión facial, sorriso, contacto visual, postura corporal, xesticulación, puntualidade...

Para coñecer o desenvolvemento das nosas competencias temos que facer unha reflexión: a nosa conciencia e a nosa autocreencia, é dicir o nivel de autoestima que temos e da nosa confianza. Temos que ter responsabilidade, ou o que é o mesmo o conxunto dun compromiso coa vontade de cumplilo. 

Unha vez feita esta reflexión temos que ver se o obxectivo é asumible. En caso de que non o sexa teríamos que repensalo pero pola contra se fora asumible; Adiante!! non hai nada que perder.

As competencias nas que centrou o seu Obradoiro foron oito: 

1ª comunicación;
2ª cordialidade;
3ª control emocional;
4ª autoestima;
5ª traballo en equipo;
6ª orden e normas;
7ª iniciativa;
8ª liderazgo.

Estas oito competencias están íntimamente relacionadas entre sí, onde a educación e a empatía son actitudes ou valores básicos nas oito competencias.



Mª Luisa Padilla Lorenzo enfatizaba moito durante o Obradoiro que todas e cada unha das competencias poden aprenderse, somentes necesitamos reforzalas por medio de técnicas e estratexías. Canto máis as practiquemos mellor e máis reforzadas as teremos.

Resulta curioso como un entrenamento pode determinar a presenza ou non  dunha determinada competencia. Un exemplo disto é o que a ponente expuso, ela dixo que se trataba dunha persoa tremendamente tímida; nembargantes, entrenou para poder realizar o traballo que fai, por exemplo, das poñencias a un gran número de persoas. Xeralmente, cando unha persoa se considera dunha determinada forma, considera que non vale para determinados empregos, pero Luisa demostrou que é máis ben unha falta de coraxe pois todos podemos conseguilo, en maior ou menor medida.

Realmente é interesante este aspecto para a orientación laboral pois moitas veces, dende a primeira impresión, cremos que unha persoa serve ou non para un determinado emprego e si ben unha competencia non pode pasar de estar desaparecida a ser totalmente desenvolta, sí podemos pasar de estar totalmente desaparecida a que comece a aflorar. Este é un traballo que podemos realizar coas persoas que  asesoramos aínda que esta é unha formación que deberíamos recibir nós para poder implantala posteriormente. Por outra banda, destacar as dinámicas que fixemos con ela para detectar a existencia ou non de competencias.

Consideramos que poden ser moi eficaces en procesos de selección para facer criba pero tamén pensamos que poden ser demasiado subxetivas pois se as persoas entrenan nestas dinámicas poden chegar a saber como reaccionar ante unha de elas. Por exemplo, se nos puxeran nun próximo proceso de selección a dinámica realizada do globo aerostático, estaríamos en situación de ventaxa sobre aquelas persoas que non a fixeron nunca. Nembargante, iso non implica que sexamos mellores ou peores profesionais co resto do persoal só que temos entrenamento niso. En relación a isto, xordeu tamén que as persoas que participan poden sobreactuar e, polo tanto, non mostrar como realmente son ou, pola contra, hai persoas moi analíticas que requiren tempo para xestionar toda a información que reciben porque prestan máis detalle a cada palabra que se dí e nunha dinámica destas, pode sentirse abrumada e non reaccionar tan rápido como o resto.

Está claro que as dinámicas de competencias poden ser moi utís en procesos de selección moi amplos pero tamén é certo que para nós, que en xeral somos do ámbito das ciencias sociais, resúltanos dificultoso descartar a unha persoa só por uns minutos de conversación sobre un problema hipotético e, en xeral, improbable no día a día.




No hay comentarios:

Publicar un comentario