Despois da poñencia de Fernando Aguilar-Galindo Ávila
 non podo deixar de reflexionar no tocante a linguaxe e a súa 
importancia, xa que, a percepción humana das realidades determínaas 
xustamente a linguaxe. 
E
 o cerebro constrúe tantas imaxes como as que pode describir a lingua, 
ou as linguas, que coñecemos e que fabulamos, co cal, se posuímos un 
vocabulario amplo percibiremos unha perspectiva máis dilatada, diversa e
 plural da realidade, que se posuímos un vocabulario empobrecido e 
escaso, xa que reducirá de xeito significativo a  percepción do entorno.
 É dicir, que a linguaxe é un dos factores que afecta á construción do 
pensamento e permítenos describir e percibir a realidade, de tal xeito 
que, se algún elemento da realidade carece de nome desaparece de nosa 
mirada que observa e deixaría de existir. 
Podemos
 comprender e concretar sinxelamente entón, a importancia de deixar de 
utilizar na nosa comunicación unha linguaxe sexista, xa que, o seu uso, 
segue a apoiar ás agachadas a naturalización da desigualdade entre 
mulleres e homes. Onde os acontecementos sociais, as relacións humanas e
 a cultura, paralizarase e, seguiremos obstruíndo o noso pensamento.
Erradicando os límites da linguaxe.
A
 linguaxe como instrumento de representación da realidade ten gran 
impacto sobre o que a xente e o conxunto da sociedade percibe, xa que 
estrutura o pensamento e é elemento da comunicación e interacción. Ao 
mesmo tempo, actúa como un mecanismo autorregulador do noso 
comportamento. Polo tanto, pode e debe ser modificado. Por iso, as 
diferentes Reais Academias das Linguas do noso Estado español, vense 
obrigadas a renovar as edicións dos seus dicionarios, incorporando novas
 palabras ou neoloxismos, desterrando outros en desuso, ou cambiando e 
actualizando as súas acepcións.
Por
 iso, é  imprescindíbel suprimir os límites opresores do noso pensamento
 para coa linguaxe e abrir novos espazos de reflexión. Agora ben, 
provocar estes cambios non depende soamente da vontade, senón que, 
precisamos dispoñer das ferramentas para que dende calquer ámbito de 
actuación, poidamos axustarnos ás normas e convencións que nos permitan 
transmitir mensaxes comprensíbels, e aplicar elementos que favorezan o 
seu uso integrador, plural, diverso e, especialmente non sesgado por 
razóns de sexo ou de xénero e que trate a información dende parámetros e
 medidas non discriminatorias.
No
 curso da historia, grandes mulleres organizadas e empoderadas de 
sororidade, fixeron pasos axigantados para cambiar unha sociedade 
patriarcal e arcaica que dirimía os dereitos e liberdades en función do 
sexo. Hoxe, ninguén discute os dereitos igualitarios entre homes e 
mulleres mais, non por iso, os dereitos formais son tamén dereitos 
reais.
É
 evidente, que ao longo destes últimos anos a perspectiva de xénero 
tornouse nun óvulo a hora de abordar os problemas de desenvolvemento, 
pobreza e desigualdade de oportunidades entre mulleres e homes, o cal, 
consideramos imprescindíbel para estender as fronteiras do noso 
pensamento na linguaxe. 
Co
 cal, para rematar cós estereotipos de xénero, é preciso erradicar o 
sexismo da linguaxe, ou, dito doutro xeito, é imprescindíbel cá lingua 
perciba a realidade actual, que está marcada pola saída das mulleres ao 
espazo público, aos espazos de toma de decisións, pola conquista de 
todos os dereitos humanos e da cidadanía que nos veñen dados por lei. 
Mesmamente, é imprescindíbel e vital que a lingua facilite a 
“normalización” dos varóns no ámbito doméstico, nos coidados, e nas súas
 emocións e afectos, a fin de facilitar unha transición cara unha 
sociedade máis plural, máis xusta e máis equilibrada.
Ampliando os límites do noso pensamento na linguaxe 
O
 obxectivo que se plantexa é concienciar á humanidade, especialmente aos
 axentes educativos, no feito de que a lingua, do mesmo xeito cás 
persoas e a sociedade, está viva, en constante evolución e modificándose
 de xeito permanente, e así, soslaiar o uso sexista da linguaxe e 
erradicar, deste xeito, a discriminación e segregación lingüística, e 
como non, a limitación implicada no noso coñecemento. Para iso, é de 
recibo potenciar os recursos que existen a nosa disposición para evitar 
incorrer no sexismo lingüístico. Nembargante, cambiar os nosos costumes 
non é unha tarefa sinxela e precisa de moito esforzo e vontade, xa que, 
temos tan interiorizados o androcentrismo e o sexismo, cás veces, non 
nos damos conta e resúltanos moi complexo distinguilo.
Para
 facer un uso non sexista da linguaxe non hai fórmulas específicas, 
senón que, aos poucos, ímonos dar conta a través de claves, guías e 
protocolos, onde están os sesgos do noso pensamento e de como se volcan a
 través da linguaxe. Debido a estreita relación que existe entre 
linguaxe e pensamento, imos ir modificando a nosa linguaxe na medida en 
que sexamos conscientes e capaces de discernir có usamos 
incorrectamente, e cando fagamos o esforzo de realizar as modificacións 
pertinentes no xeito de expresarnos. Folga dicir, que se somos docentes 
con verdadeira preocupación por aportar unha visión do mundo máis 
igualitaria e democrática, deberiamos evitar perpetuar ata a saciedade 
os estereotipos lingüísticos. 
Calquer
 docente debería velar polo cumplimento do principio de igualdade e da 
non discriminación na educación e formación que emite. As actuais 
estruturas lingüísticas imperantes na nosa Constitución, perpetúan aínda
 desigualdades sociais de raíz histórica en relación co nacemento, raza,
 sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia 
persoal ou social. Por iso, é necesario e apremiante modificar xa de 
forma inescusábel os usos lingüísticos. Converténdose os dereitos 
formais en dereitos reais.
Conclusión
Xa
 para rematar, é imprescindíbel que teñamos ben presente que a lingua ou
 as linguas, non son discriminatorias, senón que, o que discrimina é o 
uso que facemos delas, e que é posíbel redactar textos respetuosos e 
democráticos se partimos da perspectiva de que queremos facelo e 
contamos cós recursos axeitados. 
Se
 dende calquer ámbito abrimos novos espazos de reflexión o redor do 
sexismo que existe na linguaxe e na comunicación humana, e potenciamos a
 utilización dunha linguaxe non sexista, tratando a información dende 
parámetros non discriminatorios nin invisibilizadores para as mulleres, 
erradicaremos os límites da linguaxe e ampliaremos os límites do noso 
pensamento. Xa que, se a linguaxe non nomea ás mulleres, claro está que 
non existen.
Bibliografía
BUTLER, JUDITH, (2004) Lenguaje, poder e identidad, Editorial Síntesis, S.A., Madrid.
FUNDACIÓN
 ISONOMÍA, (2008) Claves para un uso no sexista del lenguaje y la 
comunicación, 2ª edición, -Módulo 3; RENAU MICHAVILA, MARTA, Lo que las 
palabras esconden: desvelemos el sexismo en el lenguaje-, Castellón de 
la Plana.
Webgrafía 
García,
 Andrea, Hacia un uso no sexista de la lengua. Salirse de la norma para 
educar en libertad [En liña]; 
http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/lenguaje.pdf [Consulta: 29 
novembro 2011] 
Ley 
Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y 
hombres. [En liña]; 
http://www.boe.es/boe/dias/2007/03/23/pdfs/A12611-12645.pdf [Consulta: 
14 decembro 2011]
V Plan 
do goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes 2007-2010. [En
 liña]; http://www.burela.org/PDF/5planigu.pdf [Consulta: 14 decembro 
2011] Constitución Española, [En 
liña];http://www.boe.es/aeboe/consultas/enlaces/documentos/ConstitucionCASTELLANO.pdf
 [Consulta: 23 decembro 2011]







No hay comentarios:
Publicar un comentario