sábado, 11 de octubre de 2014

Reflexión grupal sobre unha ponencia do módulo un.

Contextualizando a temática que nos corresponde, atopámonos nunha Europa  globalizada, tal vez nesa Europa tan anhelada polo Emperador Carlos V, Carlos I de España. Pois ben, esa foi a poñencia da cal se vai a facer esta pequena reflexión, a cal recibiu o nome de  Europa. As Políticas da Unión Europea e foi claramente exposta por Cristina Couto Palla.
  
     En referencia á elección desta poñencia, debemos dicir que é a que xerou máis opinións dispares entre os membros do grupo e co cal, a reflexión é máis enriquecedora para o conxunto do grupo ao ter que debatir sobre os aspectos positivos e negativos desta temática.

     Concretamente, Cristina Couto centrou a súa poñencia no emprego e nas oportunidades de movilidade da Unión Europea. Para iso, púxonos en coñecemento da existencia dunha carta de servizos que se están a levar dende as provincias galegas e, específicamente, sobre os servizos que ela está a desenvolver na deputación da Coruña dende Europe Direct. Fixo referencia, inicialmente, a que unha grande porcentaxe, o 72% recoñecía saber pouco ou moi pouco de Europa. Nembargantes, os servizos que se ofrecen, segundo ela, están dirixidas á cidadanía no seu conxunto. Tendo en conta isto, informou sobre á existencia dunhas redes de información, como por exemplo:
  • Europe direct, que é da que ela se encarga e que  naceu como una resposta á necesidade existente de información e asesoramento sobre a movilidade europea á cidadáns e cidadás españois e, fundamentalmente, para achegarse ás persoas con maiores dificultades para ó acceso a información sobre á tematica correspondente, polo tanto, trátase dunha rede dirixida a colectivos máis específicos aínda que tamén ten acollida o público en xeral.
  • Red Eures. Parece que foi a que máis interese suscitou no auditorio, seguramente por xa coñecida. A red Eures, diríxese á poboación de 31 países europeos, non españois únicamente como á anterior, concretamente, os 27 da UE máis Noruega, Lietchenstein, Suiza e Islandia.  Ten como fin  prestar servizos de información, asesoramento e colocación, sobre o mercado de traballo no Espazo Económico Europeo.   Dita rede proporcionanos moitas vantaxes como poden ser a  posibilidade de adquirir destrezas tanto profesionais como personais, o desenvolvemento de competencias, danos a posibilidade de comunicarnos transfronteirizamente, a ampliación dos nosos horizontes culturais e impulsar a aprendizaxe e  perfeccionamento  dun idioma extranxeiro, a posibilidade de elexir un traballo que maís nos conveña (fixo, temporal, discontinuo… ), a formación nun sistema educativo diferente ao noso, a posta en contacto con outras empresas e, polo tanto, á posibilidade de extraer ideas que poidamos extrapolar ao noso contexto…  A verdade é que en canto á rede Eures, estamos tódalas/os membros do grupo dacordo sobre a importancia que esta ten e, fundamentalmente, da utilidade no contexto actual.    Pero, por outra banda, é como indica unha compañeira do grupo, non cremos que sexa unha rede que se dirixa a toda a poboación en xeral, senón que existen colectivos de poboación cos que é prácticamente impensable poder falar de mobilidade e, moito menos, mobilidade europea. Consideramos que, a nivel profesional, á hora  de levar a cabo todas estas realidades e propostas de movilidade e intercambio laboral ao colectivo da discapacidade, por exemplo,  resulta ampliamente complexo pois moitas veces xa non podemos falar únicamente dunha dependencia senon e incluso, de marxinalidade e ademáis, en moitas ocasións imposta. Trátase de realidades diferentes onde a falta de recursos e o descoñecemento dos idiomas fan moi complexo a movilidade no ámbito xeográfico da Unión Europea.                                                                                                       Mencionar, tamén, que dentro da Rede Eures atópase o Servizo EURES Transfronterizo que ten como  obxetivo dar resposta ás necesidades de información ligadas a mobilidade fronteiza de  traballadores/as  e empresarios/as. Actualmente temos unha en Galicia que recibe o nome de  Galicia-Norte de Portugal, e  ten unha oficina central en Valença do Minho. O Servizo de información e asesoramento que proporcionan lévase a cabo a través  dos/as Conselleiros/as Eures, que son técnicos/as especializados/as no mercado de traballo a  nivel comunitario e transfronteirizo.

Ademais das redes, fixo un barrido conceptual tamén polos Fondos e pola Financiación Europea e os seus programas de movilidade, Erasmus, Red Euraxess, do Servizo de Voluntariado Europeo dos Eramus de Emprendemento, das Becas e das diversas ferramentas. Destacar desta parte, a colaboración dunha persoa que viviu a experiencia do Erasmus e dunha beca Leonardo. En referencia ao contido do mensaxe, dicir que si resulta inspirador ver que se dan boas experiencias no extranxeiro pero que, en xeral, moita da xente que se va, non se pode costear unha experiencia así de antemán e que para iso, debería haber más financiación e non ter que chegar a pagar por traballar.

Por último, expresar a nosa opinión acerca dos contidos tratados. Cremos que foi unha poñencia realmente boa, pola gran cantidade de ferramentas que se nos proporcionaron e totalmente axeitada ao contexto actual. Hoxe en día, cada día marchan centos de persoas do seu lugar de orixe en busca dun emprego que lles permita vivir dunha maneira digna ou, polo menos, en busca dunha experiencia que lle permita poner en prácticas os coñecementos aquí adquiridos tras a consecución dun título.  Moitos deles/as marchan sen ningún tipo de información e asesoramente acerca da situación que se van a atopar ao chegar ao seu novo “fogar”, cos escasos aforros conseguidos e teñen que volver nunha situación peor ca anterior. É esencial coñecer como funciona o mercado laboral Europeo e é fundamental coñecer ferramentas que permitan aos/as nosos/as asesorados/as enfrontarse coa maior facilidade posible a un entorno que, inicialmente, pode visualizarse como hostil.









No hay comentarios:

Publicar un comentario