jueves, 9 de octubre de 2014

REFLEXIÓN INDIVIDUAL BLOQUE 1


REFLEXIÓN INDIVIDUAL SOBRE O BLOQUE 1

Mª José Prado Bermúdez







O bloque 1 está composto de 5 temas, todos eles moi interesantes para as persoas que desenvolven a sua labor na orientación laboral, ou lles gusta este campo.
Toda esta información permítenos coñecer a estrutura, división  e as competencias de dous organismos SPE e SPEG,  a través do decreto 289/1997 de 9 de outubro (DOGA nº20,17/10/1997) a Comunidade Autónoma asume a función e os servicios  transferidos pola Administración do Estado, relativos a xestión  feita polo SEPE, no ámbito do traballo, empleo, e formación.
Diferenciamos entre políticas activas e pasivas, a estratexia española 2012-2014, cuxo obxetivo central é o de fomentar o emprego a poboación activa e aumentar a participación de homes e mulleres no mercado de traballo, para mellorar a sua productividade e a calidade do emprego nun mercado substentable, baseado na igualdade de oportunidades e a cohesión social e territorial.
A estratexia de empleo 2020, pretende preparar a Europa cara o futuro, basado en tres puntos:
Un crecemento intelixente  dunha economía basada en coñecemento e innovación.
Crecemento substentable (que a economía faga uso máis eficaz dos recursos, e que sea maís competitiva).
Crecemento integrador (como fomento dunha economía con un alto nivel de empleo, e cohesión social e territorial).
Dentro dos obxectivos da estratexia 2020, destacamos:
0,75% da poboación de entre 20 e 64 anos debería estar empregada.
O 3% do PIB da UE, debería estar invertido en I+D
Debería alcanzarse o obxectivo 20/20/20, en materia de clima e enerxia.
O procentaxe de abandono escolar tería que ser inferior o 10%, polo menos a xeración maís xoven debería ten estudos superiores completos, e o risco de pobreza debería amenazar a 20 millóns de personas menos.
Esta información é de vital importancia, xa que nos permite coñecer as propostas  para favorecer aos colectivos máis desfavorecidos, as zonas máis deprimidas con especial interés según a UE, nas entidades locais con plans que axuden o desenvolvemento da poboación e a xeración de emprego, sendo o ámbito local,  onde se encontran as maiores posibilidades en beneficio do emprego.
O tema  2: No mercado laboral, concurren dous factores a oferta e a demanda.
O demandante sería aquel que busca traballadores e o oferente aquela persoa que busca traballar e para elo ofrecese.
Do grao de equilibrio entre estas dúas variables derívanse unhas consecuencias, que determinan  as características do mercado nese momento e a sua evolución. Por eso diríamos que o estudio de mercado laboral e un proceso de busca  e análisis de información que nos axuda a coñecer a  realidade dunha forma máis clara e detallada, permitíndonos coñecer as opinións dos clientes, proveedores, identificar posibles riscos, como tamen oportunidades no mercado,  as suas tendencias , e identificar as posibles necesidades entre os consumidores.

Tema 3: Certificación e formación profesional.
Este tema levounos a saber que un certificado de profesionalidade é o que acredita con carácter oficial, as competencias profesionais que tes adquirido ou te capacitan para facer unha determinada actividade, e comprende un conxunto de competencias que  son identificables e recoñecibles dentro do mercado laboral.
Dentro da nosa  Comunidade o Instituto Nacional das Cualificacións, como responsable de elaborar e manter o catálogo nacional das ocupacións, así como o procedimiento para a acreditación de competencias e a expedición dos certificados.
O certificado de profesionalidade ten carácter oficial e validez en todo o territorio nacional y é expedido polo SPEE e os Órganos competentes das CCAA.
Son moi importantes para todo o mundo, en especial para aqueles que non poden acceder a un emprego por falta de formación. Por iso é convinte informar aos usuarios  para que accedan a ditos certificados.
Tema 4: Política social e de emprego na UE
Como resumen diremos que a política social e de emprego na UE, contribue á mellora das condicións de vida da poboación.
A UE,  ten un papel moi importante no terreo social, promove a cooperación entre os estados membros, sendo o obxectivo principal o crecemento do emprego, a mobilidade dos traballadores, loita contra a pobreza a exclusión social, a igualdade entre homes e mulleres e a protección social.
Mencionamos tamén o Portal Eures de movilidad profesional, que proporciona servicios de información, asesoramento  e contratación os traballadores e empresarios ou calquer usuario que queira beneficiarse do principio de libre circulación das personas.
Tema 5: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral:
Cada vez, son maís as personas con ideas de negocio, que buscan obter unha resposta e un medio de vida. A iniciativa emprendedora é un ben social, por este motivo convén estimular a iniciativa emprendedora e facilitar as ferramentas que poidan transformalas en proxectos de negocio reales e con sentido de futuro.
Pareceme moi importante as recomendacións da GEM 2012, cando indica de forma urxente o acceso a financiación, e a reducción de trámites para poder emprender un negocio, inda que tamen hai que valorar os principales condicionantes que temos en España a hora de tomar a decisións e emprender como son o medo o fracaso e o de arriesgarse.
Sería tamén moi importante que os  profesores no bacharelato tivesen ferramentas e materiais axeitadas para ensinar o sentido da iniciativa e o espírito da empresa a vez que se interaciona os alunnos cos emprendedores locais.
En resumen decir que toda esta información que recibimos ao longo de este mes, resúltame de gran interese tanto persoal como profesionalmente.

En canto o tema das redes socias, tiña o meu recelo na súa utilización, e pouco a pouco voume metendo, xa que considero que me ofrece moitas posibilidades, e non quero desperdicialas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario