lunes, 20 de octubre de 2014

Reflexión grupal módulo 2. Tema 7: "Desenvolvemento das habilidades comunicativas"

As habilidades e competencias sociais no mundo laboral


As habilidades e competencias sociais son aqueles comportamentos adquiridos e aprendidos polas persoas para desempeñar e desenvolverse na sociedade. Estas competencias pódense integrar en tres grandes grupos:

1. Sociais. As que rixen a boa comunicación.
2. Cognitivas. Están vinculadas coa autoestima, a toma de decisión
3. Afectivas. As relacionadas co control das emocións



As habilidades están relacionadas cos hábitos ou estilos da vida que a súa vez permiten mellorar as relacións interpersonais e lograr os nosos obxetivos. O que quere dicir que, as habilidades sociais son as capacidades ou destrezas sociais específicas requeridas para executar competentemente unha tarefa interpersonal.


Polo tanto, tras a poñencia de Fernando Aguilar-Galindo Ávila as conclusións máis importantes foron:

• Cada día é máis importante coñecerse a un mesmo ou a una mesma, é dicir, centrarnos nas nosas fortalezas, ter claro o que nos motiva a tirar cara diante. Parafraseando a Albert Einstein cando dicía; Todo o mundo é unha xenialidade. Pero se xulgas a un pez pola súa habilidade para trepar árbores, vivirá toda a súa vidad pensando que é un inútil.

• Tanto no desenvolvemento persoal como profesional, é importante potenciar as nosas habilidades psicosociais. Cando entramos no mercado laboral xa non é suficiente ter un Grao Universitario, Formación Profesional, etc. Hai que ter habilidades para traballar en equipo; Asertividade; Intelixencia emocional e empatía para encarar os novos retos deste mundo globalizado e en constante cambio; Adaptabilidae cultural e flexibililidade para amoldarse aos cmabios constante que se producen no día a día dentro do noso postos de traballo e na nosa vida. Optimismo/positivismo, o que nos axuda a tomar decisión e tentar pesquisar diferentes perspectivas; Proactividade, ter iniciativa de encarar as dicersas situación que se nos presenten.

Para aceder a un bo posto de traballo non soamentes basta cun bo currículo, senón tamés aspectos tan cruciais na vida cotiá como as habilidades sociais da persoa demandante de emprego: responsabilidade, compromiso e una boa aptitude e disposición frente aos cambios.
   


• Nós como persoal orientador somos xestores do talento e do cambio. Par levar a cabo o noso rol, temos que potenciar que haxa: comunicación verbal e non verbal; escoita activa e feedback; empatía para comprender mellor as distintas ópticas ou puntos de vista.



A competencia comunicativa posibilita a participación en situación específicas de ter capacidade de escoitar, de facer preguntas, expresarnos de xeito efectivo, exponer aspectos positivos, e sobre todo a habilidade de saber cando e quen preguntarlle.


A comunicación tamén xenera un fluxo entre as persoas componentes dun grupo, inda que se empreguen distintas canles, que en todo caso favorecen o establecemento das relacións que seguro serán beneficiosas, sempre e cando sexamos coherentes co que dicimos é como o dicimos. Un dos beneficios de saber dar e recibir no feedbak a nivel grupal, xa que unha comunicación clara é fluida repercute positivamente no funcionamento común.


Por iso é importanísimo reflexionar no ámbito comunicativo e laboral da linguaxe, xa que, a percepción humana das realidades determínaas xustamente a linguaxe.

E o cerebro constrúe tantas imaxes como as que pode describir a lingua, ou as linguas, que coñecemos e que fabulamos, co cal, se posuímos un vocabulario amplo percibiremos unha perspectiva máis dilatada, diversa e plural da realidade, que se posuímos un vocabulario empobrecido e escaso, xa que reducirá de xeito significativo a percepción do entorno. É dicir, que a linguaxe é un dos factores que afecta á construción do pensamento e permítenos describir e percibir a realidade, de tal xeito que, se algún elemento da realidade carece de nome desaparece de nosa mirada que observa e deixaría de existir.


Podemos comprender e concretar sinxelamente entón, a importancia de deixar de utilizar na nosa comunicación unha linguaxe sexista, xa que, o seu uso, segue a apoiar ás agachadas a naturalización da desigualdade entre mulleres e homes. Onde os acontecementos sociais, as relacións humanas e a cultura, paralizarase e, seguiremos obstruíndo o noso pensamento. E excluíndo as mulleres do ámbito laboral do que forman parte.

Por iso, é imprescindible suprimir os límites opresores do noso pensamento para coa linguaxe e abrir novos espazos de reflexión. Agora ben, provocar estes cambios non depende soamente da vontade, senón que, precisamos dispoñer das ferramentas para que dende calquer ámbito de actuación, poidamos axustarnos ás normas e convencións que nos permitan transmitir mensaxes comprensíbels, e aplicar elementos que favorezan o seu uso integrador, plural, diverso e, especialmente non sesgado por razóns de sexo ou de xénero e que trate a información dende parámetros e medidas non discriminatorias.

Co cal, para rematar cós estereotipos de xénero, é preciso erradicar o sexismo da linguaxe, ou, dito doutro xeito, é imprescindíbel cá lingua perciba a realidade actual, que está marcada pola saída das mulleres ao espazo público, aos espazos de toma de decisións, pola conquista de todos os dereitos humanos e da cidadanía que nos veñen dados por lei. Mesmamente, é imprescindíbel e vital que a lingua facilite a “normalización” dos varóns no ámbito doméstico, nos coidados, e nas súas emocións e afectos, a fin de facilitar unha transición cara unha sociedade máis plural, máis xusta e máis equilibrada.


Por iso, é imprescindíbel que teñamos ben presente que a lingua ou as linguas, non son discriminatorias, senón que, o que discrimina é o uso que facemos delas, e que é posíbel redactar textos respetuosos e democráticos se partimos da perspectiva de que queremos facelo e contamos cós recursos axeitados.

Se dende calquer ámbito abrimos novos espazos de reflexión o redor do sexismo que existe na linguaxe e na comunicación humana, e potenciamos a utilización dunha linguaxe non sexista, tratando a información dende parámetros non discriminatorios nin invisibilizadores para as mulleres, erradicaremos os límites da linguaxe e ampliaremos os límites do noso pensamento. Xa que, se a linguaxe non nomea ás mulleres, claro está que non existen.


En suma autores como Meichenbaum, Butler e Grudson coinciden en que o desenvolvemento das competencias sociais depende do contexto cambiante. “A habilidade social debe considerarse dentro dun marco cultural determinado, é os patróns de comunicación varían ampliamente entre as culturas e dentro dunha mesma cultura, dependendo de factores tales como a idade, o sexo, a clase social, a educación”, o que quere dicir que os factores culturais, ambientais e psicolóxicos condiciónannos.

Xa para rematar, non debemos esquecer a incorporación polo tanto das diferentes competencias básicas permítelle as persoas aquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles para poder acadar a súa realización persoal, incorporarse a vida de xeito satisfactorio e ser quen de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario