martes, 9 de diciembre de 2014

O Itinerario Personalizado de Inserción de Intégrate 2.0

O IPI  de Intégrate 2.0




SERVIZOS DE ORIENTACIÓN / ASESORAMENTO NOS ITINERARIOS.


Na sociedade a figura do persoa orientadora compre unha labor moi importante debido a  situación económica actual e dos cambios que se están a producir. A persoa orientadora  debe ser unha persoa moi flexible, empática, orientada á resolución de conflitos, analítica,  boa comunicadora, coñecedora de diversas ferramentas para a busca de emprego...Todas estas características son necesarias para poder xestionar e, sobretodo, ensinar a xestionar adecuadamente á situación actual na que nos atopamos.

Na imaxe que expoñemos a continuación atopámonos ese conxunto de variables que, a día de hoxe, está configurando a realidade sociolaboral como unha realidade complexa na que non só son as persoas sen estudios ou con escasa formación é a que non atopa traballo, senón que persoas con moita formación non o atopan ou o ámbito no que conseguen empregarse nada ten que ver co nivel formativo adquirido, persoas que traballaron durante toda a súa vida laboral atópase actualmente en situación de desemprego e ten que reciclarse por completo ou, persoas que nunca pensaron na creación dun negocio propio, a día de hoxe é a única alternativa que se lles ofrece.




Polo tanto, a calidade na nosa labor de integradores laborais é fundamental. É necesario ter coñecemento tanto dos recursos sociais disponibles como facer uso do traballo en rede (crear espazos de intercambio/boas prácticas), para poder conseguir unha mellora continua nas nosas accións.

A metodoloxía de actuación máis empregada son os Itinerarios de Inserción Sociolaboral.

Un Itinerario Personalizado de Inserción defínese como o deseño, a realización e seguemento duhna secuencia de accións, destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas como desempregadas. En Galicia o órgano administrativo competente na materia é a Dirección Xeral de Formación e Colocación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar. Esta presta un servizo de apoio na busca de emprego ás persoas demandantes remitidas ben directamente dende o propio Servizo Público de Emprego de Galicia, ou ben dende as súas Entidades Colaboradoras.


Funcións do orientador/a laboral:



1. Realizar unha serie de entrevistas individuais. Esta atención individualizada pode estar complementada con accións grupais como obradoiros de recursos persoais (Exemplo: habilidades sociais; toma de decisións; motivación etc) ou obradoiros de busca de emprego (Exemplo: ferramentas para a busca de emprego; entrevistas de selección). A persoa orientadora cumpre uns obxectivos: indaga na traxectoria formativa, laboral, nos hábitos do participante; observa qué variables de empregabilidade hai; Defínense uns obxectivos en base ao perfil laboral; Delimítanse unhas accións a realizar no IPI e facilita que o participante pense de xeito global na súa traxectoria. 
2. Realiza orientacións laborais.
3. Informa e asesora as persoas usuarias, empresas e entidades.
4. Seguimentos a persoas usuarias, entidades e empresas.
5. Impartir formación en técnicas de busca de emprego e igualdade de oportunidades.
6. Xestión de ofertas e consultas.
7. Elaboración de informes.
8. Xestión de prácticas prelaborais despois dos cursos de formación e titorías.
9. Xestión de baixas. 




En suma, unha persoa orientadora ten uns coñecementos técnicos sobre: orientación laboral, seguridade social, prestacións, técnicas de xestión de grupos e selección de persoal.



Ademáis, analiza o tecido empresarial da área de traballo e ten a capacidade para buscar información. Outras competencias a ter en conta no perfil do persoal orientador son: creatividade e innovación; organización; de empatía e escoita activa cara as necesidades do participante ou cliente/entidade. 

A través da entrevista de Orientación pódesede acceder á realización dun Itinerario Personalizado de Inserción (IPI), segundo o manual de instruccións establecido pola propia Consellería. 

O Itinerario consta de actividades que a persoa debe realizar para conseguir recursos e que poida xestionar con autonomía o seu proceso de Inserción laboral. O itinerario supón un cambio tanto na mellora das competencias, na percepción ou autoconcepto que ten a persoa usuaria como na súa autoestima


Fases do IPI: DIAGNÓSTICO + INTERVENCIÓN + AVALIACIÓN CONTINUA 




Un itinerario é flexible xa que o obxectivo é a inserción sociolaboral, cubrir tanto as necesidades da persoa participante como adaptarse á actual contorna laboral. En suma, tratar de preparar á persoa a un proceso de cambio que é lento, favorecer unha actitude realista.

Unha vez comprimentados os datos obrigatorios e feita a avaliación (asistencia, duración, formulario de perfil profesional e outro de tarefas, así como o compromiso de actividades), poderáse iniciar un IPI, fase de inicio: unha vez iniciada a IPI terase que dar obrigatoriamente unha cita de seguimento.

A duración máxima do Itinerario é de 6 meses, ao longo dos cales a persoa demandante de emprego, ademais de realizar as acciones fixadas, terá un mínimo de 5 horas de atención personalizada coa súa persoa Orientadora.


FASE INICIAL 

Nesta fase inicial prodúcese a recepción e acollida. Elabórase o perfil profesional (formación, experiencia laboral, cursos, habilidades, intereses...) en base á información, para despois dun análisis por parte do persoal técnico, concretarse un plan de traballo “compromiso de tarefas” que serán vinculantes durante todo o proceso. 

É unha acción personalizada e individual de diagnóstico levada a cabo polo personal técnico de Orientación, o cal será o seu referente durante todo o proceso.


PERFIL PROFESIONAL / OBXECTIVOS PROFESIONAIS 

A finalidade deste documento é prenxer as habilidades e características da persoa usuaria. Describir as diferentes competencias que conforman o perfil idóneo da ocupación desexada e verificar cal é o nivel de axuste do perfil do participante coa súa empleabilidade no momento actual. 

A continuación amosamos un exemplo da plantilla para comezar o IPI; 

Orientador: Intégrate 2.0 
Demandante: Usuario Intégrate 2.0 
DNI: 00.000.000A 
Data de creación: 01/12/2014 

  • Obxectivo/s Profesionais 
  • Ocupación 
  • Competencias de base 
  • Competencias técnicas específicas 
  • Competencias transversais 
  • Actitudes e dispoñibilidade  
  • Competencias de acceso ao mercado laboral 
  • Valoración global do perfil profesional 

TAREFAS ACORDADAS 
Pódese ter máis dun formulario de tarefas acordadas; escóllense e acórdanse coa persoa usuaria e poderán modificarse se fose o caso.  

É dicir, na recollida de información e análise estudianse os datos curriculares e a súa disponibilidade para o emprego, valorando a súa situación e definindo o seu obxectivo profesional. Este obxectivo profesional non se considera algo único, estático. Pódense establecer metas intermedias, sucesivas que faciliten a súa consecución. 

É necesario dende a primeira entrevista establecer as tarefas a realizar polo demandante de  emprego, que se farán no plazo acordado. Por exemplo seguindo esta tabla; 
  • Obxetivos                             
  • Tarefas 

ITINERARIO PERSOAL PARA A INSERCIÓN LABORAL COMPROMISO DE ACTIVIDADES

O demandante de servizos comprométese a levar a cabo, dentro do seu itinerario persoal para a inserción laboral consensuado coa súa persoa orientadora, as accións as que cheguen a un acordo. 

Esto é un pacto firmado entre a persoa orientadora e a persoa demandante. É unha forma de motivar, implicar e responsabilizar á persoa no seu propio proceso de inserción e serve tamén para evaluar o logro dos obxectivos. 

Apuntaráse a data de inicio do IPI e será asinada por ambos (A persoa ORIENTADORA e a persoa DEMANDANTE do IPI).


FASE DE SEGUEMENTO 

Nesta a persoa usuaria realizará/implementará as distintas accións propostas, cun seguemento por parte da persoa orientadora; poidéndose redefinir cada itinerario en función de cada persoa usuaria e das súas oportunidades de alcanzar emprego.

En suma, nesta fase temos unha pestaña para amosar a fase de seguimento que nos da información de cómo se vai desenvolvendo a IPI (Citas presenciais, por teléfono, correos electrónicos, cartas...). 

Nesta fase pódense dar o que denominamos derivacións
É dicir, a persoa usuaria pode ser derivada a diversas accións como cursos de formación, contratos inferiores a 3 meses, programas experimentais de emprego ou causas obxectivas consensuadas entre a persoa demandante e a persoa oriendadora. 

Son tarefas externas reflexadas no seu itinerario. Ás veces párase o “contador do tempo” para que non caduque a duración do IPI (6 meses), mentres se fan as actividades necesarias para avanzar. 


FASE DE FIN OU PECHE.

Débese cubrir cando se da por rematado o Itinerario e se pecha a ficha. É dicir, á consecución dos obxectivos propostos ou unha vez finalizadas as accións previstas no Itinerario (inserción laboral ou melllora da situación ante o emprego), poidéndose dar situacións de abandono por vontade propia ou caducidade do tempo (6 meses). 

Nesta pestana pódese modificar independentemente de calquera das etapas polas que pasa a IPI, sendo campo obrigatorio cumprimentar o motivo da finalización. 

En suma, nesta fase finalízase o proceso, refléxanse as causas e evalúase a situación ocupacional da persoa usuaria nese momento (consecución de obxectivos do plan de traballo, actividades feitas e grado de cumprimento). 

Neste momento, a persoa orientadora informa a persoa demandante, que si o desexa, pode continuar sendo a súa persoa de referencia no ámbito da Orientación Laboral e que se nalgún momento volve a necesitar ou precisar deste servizo pode voltar. 



CASO IPI DE INTÉGRATE 2.0 


1. FASE INICIAL: ANÁLISE DO CONTEXTO IDENTIFICACIÓN DAS NECESIDADES 
. DIAGNÓSTICO 
Achégase a oficina de Intégrate 2.0, un home de 45 anos parado de longa duración e que presenta unha discapacidade física dun 34%. Vive en Lugo cidade coa súa nai e o seu pai. Ten permiso de conducir e coche. Acaba de cortar unha relación de 12 anos e está pasando un momento complexo a nivel de autoestima. Polo que se refire a súa formación académica, ten rematado a Educación Xeral Básica (EXB) e a maiores fixo un FP I de Administrativo Comercial. 

Polo que se refira a súa experiencia laboral soamentes ten cotizado 9 anos. Ten experencia como empregado dunha tenda de Fotografías onde estaba contratado como Administrativo con tarefas de atención ao público, durante 8 anos, e traballou tamén como Conxerxe durante case un ano nun colexio privado, (onde cubría as baixas). 



Realizamos unha serie de entrevistas individuais onde detectamos que as súas habilidades sociais son moi boas mais polo que se refire a toma de decisións vese mermada, ten un grave complexo debido a súa discapacidade, ten unha coxera moi visible devido a unha malformación xénetica. Apenas ten motivación, leva moitos anos sen traballar. 



Polo que se refire as ferramentas para a busca de emprego é coñecedor delas mais non as emprega. Como Orientadores Intégrate 2.0, indagamos na súa traxectoria formativa, laboral, e nos hábitos do participante, observmos que existen variables de empregabilidade, Polo que despois de 3 citas propoñémoslle un Itinerario Personalizado de Inserción. Explicámoslle o proceso e onde teremos que definir uns obxectivos en base ao seu perfil laboral e delimitar unhas accións que lle facilite a Inserción Laboral. Despois de valorar os pros e os contras do acordo que imos firmar para comezar o IPI o noso usuario acepta. 



2. FORMULACIÓN DE OBXECTIVOS 

. INTERVENCIÓN 

Orientador: Intégrate 2.0 
Demandante: Usuario Intégrate 2.0 
DNI: 00.000.000A 
Data de creación: 01/12/2014 



Despois de un riguroso análise o Obxectivo Profesional ao que chegamos é de Empregado Administrativo Comerciais, en Xeral a ocupación que solicita e de Empregado de Oficina/ Empregado Administrativo/ Empregado Servicios Recepción. 



Posee competencias de base moi axeitadas xa que as adquiriu a través da súa Formación Académica mais poolo que se refire as competencia técnicas de caracter mási específico non son enexistente, xa que soamentes ten coñecemenstos xerais en procesos básicos administrativos. 


Pola contra, no que se refire as competencias transversais si que as ten adquiridas e acreditadas, (curso de Igualdade de Oportunidades, prevención de riscos laborais e Educación medioambiental). Ten boa actitude de cara a dispoñibilidade e ten ganas de aprender e pese a súa discapacidade presenta unha adapatación doada aos postos de traballo de acordo a súa oicupación. 


Pero polo que se refire a valoración que facemos no tocante ao seu perfil profesional e medio baixo. 




3. PLANIFICACIÓN DE OBXECTIVOS 


. TAREFAS ACORDADAS 


É necesario dende a primeira entrevista que facemos co usuario establecer as tarefas a realizar polo demandante de emprego, que se farán no plazo que acordamo, neste caso 6 meses. 



  • Obxetivos 
  1. Establecer obxetivos profesionais 
  2. Adquirir os coñecementos que esixe o mercado de traballo 
  3. Buscar activamente emprego e obter información sobre posibles ofertas de traballos e requisitos
  4. Autocoñecemento 
  5. Preparar a busca de emprego 

  • Tarefas 
  1. Reorientar a formación e o seu obxectivo profesional 
  2. Actualizar coñecementos por medio da reciclaxe profesional 
  3. Periódicos, boletíns de emprego, redes sociais, Bolsas de emprego 
  4. Lecturas recomendadas e reflexións das mesmas 
  5. Preparar listado de empresas 
  6. Preparar diferentes modelos de CV e 
  7. Carta de presentación axeitadas aos CV 
  8. Preparar as entrevistas de traballo 
  9. Preparación da Axenda coas anontacións dos CV entregados onde marca a data de entrega e a empresa.


Pódese ter máis dun formulario de tarefas acordadas; escollémoslas de acordo co ususario e poderemos modificalas se fose o caso. 




5. ACTIVIDADES, ESTRATEXIAS, RESPONSABILIDAES, RECURSOS, DISTRIBUCIÓN TEMPORAL 


. COMPROMISO DE ACTIVIDADES 

O noso demandante de servizos comprométese a levar a cabo, dentro do seu itinerario inserción persoanlizado e consensuado con nós as accións que de seguido marcamo e firmamos. E un pacto firmado co que tentamos motivar e implicar ao noso demandante para acadar o compromiso de responsabilidade no seu propio proceso de inserción e que nos servirá ao final para avaliar o logro dos obxectivos. 


1. Reorientará os coñecementos adquiridos hacia tarefas de empregado administrativo; 

2. Axustará indicadores negativos ante as dificultades de inserción; 

3. Presentará toda a documentación acreditativa da súa formación regrada e non regrada; 

4. Elaborará varios currículos persoais e carta de presentación axeitadas aos mesmos; 

5. Informaráse de posibles postos de traballo nos concellos limítrofes; 

6. Elaborará un listados das empresas as que quere enviar os CV; 
7. Elaborá unha axenda para facer un seguiemnto do seu proceso de busca activa de emprego; 
8. Manterá o contacto con nós para levar a cabo o seu itinerario e o seguimento e control da súa axenda; 




Data de inicio: 01/12/2014 



Asdo. Intégrate 2.0                                        Asdo. O noso demandante de Intégrate 2.0 





6. FASE DE SEGUEMENTO OU EXECUCIÓN 


Nesta a persoa usuaria do IPI terá que realizará as distintas accións propostas, cun seguemento pola nosa parte cada 15 días aproximadamente que podermos facer por medio de citas presenciais, por teléfono, ou correos electrónicos por exemplo. 


Nesta fase, se fose o caso, pódense dar o que denominamos derivacións; é dicir, a persoa usuaria pode ser derivada a diversas accións como cursos de formación polo que se atopáramos un curso para a reciclaxe de formación poderíamos derivar a persoa demante.




7. FASE DE AVALIACIÓN (FIN OU PECHE)
Unha vez rematado o IPI pecharemos a ficha. Xa temos a consecución dos obxectivos propostos e finalizadas as accións previstas no Itinerario que acordamos dunah diración de 6 meses.

En suma, nesta fase finalizamos o proceso, e queda reflezado que cumpriu de xeito exitoso os obxectivos do plan de traballo que acordamos.

O seu grado de cumprimeto foi moi bo. Realizou unha lista de 500 empresas da cidade e da Comarca onde vivía e apuntou rigurosamente as empresas as que mandaba os CV e as datas. Ao mesmo tempo apuntaba na axenda as empresas que lle respondían.

O seu nivel de autoestima foi aumentado pouco a pouco e sufría graves recaídas, mais así como crecía o seu nivel de actividade na busca d eemprego crecía tamén a súa autoestima. Cousa que se foi percibindo ao longo do IPI.

Despois de 5 meses de duro traballo unha empresa do Polígono Industrial desta cidade contratouno como Administrativo. As súas funcións consisten no escaneado de documentación e seguimento do mesmo. A súa discapacidade non inflúe para nada na labor das súas funcións.

Como persoal Orientador informámoslle, que si o desexa, podemos continuar sendo a súa referencia no ámbito da Orientación Laboral e que se nalgún momento volve a necesitar ou precisar deste servizo pode voltar que atenderemos do mellor xeito posible. 

Damos rematado polo tanto o noso Itinerario Personalizado de Inserción.





No hay comentarios:

Publicar un comentario