Mostrando entradas con la etiqueta cambio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cambio. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de octubre de 2014

Reflexión marco persoal da Orientación Laboral


Nos como orientadores somos xestores do talento e do cambio, axudamos no proceso de búsqueda de emprego. Neste camiño fáixenos imprescindible usar novas ferramentas.

Habilidades psicosociais, que nos axudan a desenvolvernos na sociedade actual. Somos potenciadores de mellorar e incrementar a comunicación verbal e non verbal; a escoita activa a o feedback; empatía para comprender mellor as novas e distintas ópticas / puntos de vista.

Así dentro da Orientación Laboral xurden novos conceptos: traballo en equipo; Asertividade; Intelixencia emocional; Adaptabilidade cultural e flexibilidade para amoldarse aos cambios; Optimismo/positivismo na toma de decisións; Proactividade.
  
Por outro lado, na sociedade actual úsanse cada vez máis as competencias dixitais (TIC - Tecnoloxías da Información e Comunicación).

Na área da Orientación Laboral só podemos ser competitivos traballando en rede xunto con outros profesionais e usando as TIC´s: Pinterest; Facebook; Google+; Linkedin; Twitter; Feedly; diigo; blogue profesional; scoop.it; about.me; skype; vídeocurriculum; youtube; infojobs; jobeeper; jobandtalent etc



En suma, estas ferramentas sociais e dixitais, facilitan a nosa tarea de xestores do cambio, participamos así no proceso social de mellorar as posibilidades de inserción laboral e de reinvención/emprendemento.